A primeira Milla
A
milla é unha unidade de lonxitude inglesa que non forma parte do Sistema
Métrico Decimal, equivale a 1.609 metros. Os mesmos que nos agardan aos
participantes da I Milla Solidaria que se celebrará en Boiro o vindeiro sábado
28 de Maio ás 16:30
A milla é unha carreira de corto percorrido, pero non por eso menos importante que outras. Aínda que digan os rumorosos que se fai cos ollos pechados, non é necesario un cambio radical nos teus hábitos, podes estar tranquilo! Ninguén che pide que a fagas descalzo, desnudo, borracho nin que botes ácido láctico polas orellas para terminala en 4 minutos, simplemente que te decidas a participar e colaborar nunha causa solidaria.

A inscripción terá un coste
de 3€, o pago farase en efectivo na carpa da organización, no momento de
retirar o dorsal.
O recadado
será doado aos nenos do Sahara.
Unha ocasión inmellorable para pasar unha gran tarde de ambiente, san e deportivo, que
posiblemente se convirta nunha cita uneludible.
Estas son as categorías,
distancias e horarios que impacientemente agardan o son da ruidosa bocina
marcando a saída. Únete!
Prebenxamín 2009 e
posteriores 200 m 16:30 h
Benxamín 2007-2008 500 m
16:45 h
Alevín 2005-2006 1000 m
17:00 h
Infantil 2003-2004 milla
17:15 h
Cadete 2001-2002 milla 17:30
h
Xuvenil-junior 1998-1999 e
2000 milla 17:45 h
Senior 17- 34 años milla 18:00 h
Veteran@ A 35-39 años milla
18:15 h
Veteran@ B 40-44 años milla
18:30 h
Veteran@ C 45-49 años milla
18:45 h
Veteran@ D >50 milla
19:00 h
Ánimo!
Comentarios
Publicar un comentario