Para que vai ser se non!
Aínda que agora non se canten
villancicos como antes, o Nadal segue sendo bonito. Viaxamos, decoramos a vivenda, o
lugar de traballo, brindamos con Cava, iluminamos as rúas con luces de cores,
facemos regalos e gastamos demasiado! Pero no medio de todo esto hai algo moi
curioso, aparte de non tocarnos a lotería, xa que se non é “por se acaso” é
por “que non vaia a ser” mercámola tódolos anos. Como decía, hai algo que
merece moito a pena como é ver á xente contenta, chea de satisfación, abrazarse e desexarse
Felicidades! Aquí é xustamente onde eu quería chegar.
A todos nos gusta escribir e
falar ben, pero por desgracia aínda amando a cultura lingüística, non sempre é
así, polo tanto non sendo bichos raros, e aproveitando a oportunidade que nos
brindan os medios, teremos que coidar a gramática, aínda que só sexa para
culturizarse e presumir dela, para que vai ser se non!
Realmente sen darnos conta,
ben sexa por descoñecemento ou costume, utilizamos palabras comodín, unha delas é
Felicidades, polo tanto vou facer unha aclaración sobre en que momento utilizar
Felicidades, ou Felicitacións, que parecen ter o mesmo fin pero non é así.
Un diccionario que teño aquí
ao lado (deses de papel, dos de antes); di que Felicidade é un estado de ánimo
que se complace na posesión dun ben. “toma ya”
Cando decimos Felicitacións! o
que estamos facendo é recoñecer algo dunha persoa, referíndonos a logros, elóxios e
ou victorias. Por exemplo deberíamos decir Felicitacións! ao que recolle un
premio, pintou un cadro, escribiu un libro, lle dou un zasca a un político ou mesmamente
marcou un gol.
Pola outra banda, cando
decimos Felicidades! o que se pretende e facer feliz e dichoso a quen llo
decimos, xa que nos estamos referindo a un sentimento propio da sensibilidade
do ser humano que é xustamente o contrario da tristeza.
Deberíamos decir Felicidades!en
momentos importantes da vida do individuo, por exemplo cando un está de cumple, de
festa, se lle tocou a lotería ou simplemente se o deixou a moza. Total era ben
fea!
Comentarios
Publicar un comentario