Caraduras de coidado
Xa
temos outra vez aquí a cansina
propaganda electoral, propaganda que non é máis que unha trampa de pes a cabeza. Moi amables, moito sorriso, moita oferta electoral pero en realidade, todo pamplina,
puro cinismo, auténticos vendedores de fume, prometen cousas que saben con
certeza que non van cumprir, pero eles danlle para diante como se nada, son uns caraduras de moito coidado, importalle un pito fallarlle os cidadans.
Pura
cacicada!
Eu pregúntome como
se pode levar a cabo un programa electoral con promesas de futuro se non foron
capaces de cumprir o anterior? Estes
pensan que nos chupamos o dedo, que se
creen? Está claro que estes politiquillos, están ao que están, o seu obxetivo
primordial é sair elixidos e vivir do conto, o concepto de honestidade e
responsabilidade política, perdiuse por completo xa fai tempo.
O
curioso de todo esto é que chegada a hora de votar, vótase polos mesmos!
Patético!
Será
que temos o que nos merecemos?
Comentarios
Publicar un comentario