Que non che pille o CUCO


Non deixa de ser curioso o feito de que haxa persoas que aos seus tantos anos se deixen ir sen probar os ourizos de mar. Sen ir máis lonxe, aquí os temos na comarca do Barbanza. Sorprendente cando menos!! Un marisco eloxiado por uns e descoñecido por outros.


Agora mesmo é a mellor época para a súa degustación, xa que está próximo ao seu desove, aproveitando a seca de Ramos (a máis  grande do ano); mollando algo as canelas e buscando no medio das rochas na praia de Caamaño, pódense atopar  os mellores  exemplares.


Recordo que dicían os máis vellos do lugar que os ourizos había que comelos antes de que viñera o cuco. Asociaban esta ave co desove dos equinodermos. Razón non lles faltaba, xa que este coincide coa migración dos primeiros cucos  na súa longa viaxe ao norte de Europa procedentes de África (onde pasaron o inverno).


Uns ourizos e menos de 10 minutos de auga fervendo cun pouco loureiro, prepárate cunha xerra de viño e un mazo para  papar un manxar de deuses diante do picadeiro.

Si queres ourizos espabila, vamos...!! Que non che pille o cuco.




Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)