Nin cama nin cobertor

Logo do vivido esta semana de tanto encapuchado con hábito penitente e  cargado de atuendos de pasión, ata os  galos máis tímidos gañaron protagonismo soltando a súa cantarea dicindo aquí estou eu!! Entrando en acción.
Aquí vos deixo unhas fotos da ruta.
 

Unha das moitas aldeas que se divisan subindo a Iroite

Eu celebreino comezando a pretempada estival cunha ruta preciosa a cabalo da bici.
Cando saín de Aguiño,  xa facía un bo anaco que a badalada do reloxo retemblara por novena vez. Fixen un tramo ao lado duns que tampouco quixeran cama, nin cobertor.



Logo de pasar o Confurco e chegar a ponte de San Francisco, tira millas cara Iroite sube, sube e sube. Parecía o conto de nunca acabar, tamén dunha vez que alcancei o cumio todo foi baixar.

Base aérea E.V.A. 10 Iroite

Ría de Muros e Noia, impresionante o areal da Guieira


Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)