O auténtico MOU


Estaría mentindo se digo que me colle de sorpresa que o compañeiro Agus levara o voleibol ao máis alto. 
O Sr. Agustín Mourís é unha persoa que leva involucrado no mundo do deporte  dende crío, os seus comezos foron como ciclista aínda que na actualidade a súa paixón  estriba entre o golf e voleibol. Xa no vran do 2005 xunto ao compañeiro Germán Romero, quedaran campeóns no circuito provincial de voleipraia, o ano pasado proclamábase campeón en primeira, na final do ránking gallego de pitch&putt, no campo do "Pozo do Lago", na localidade ourensán de Maside, e este ano ascendeu a primeira o “Fisioterapia Cinesia de Noia” equipo que adestra, conseguindo que o voleibol se faga oco entre os deportes de moda.
 
Este MOUrís é capaz de esto e de moito máis. Ollo con el!!


Son Innumerables as imaxes deste bonachón que un pode atopar na web, pero de seguro que non foron por estar despaturrado no sofá mirando un reality show nin a telenovela de moda.

Aquí vos deixo algunhas delas.


Noraboa Agus!!







The Boss

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)

Os cans da miña aldea