Proxecto Salo


 *  * * *  *

14-oct-2015
Estou moi contento de darlle o fin ao  "Proxecto Salo"  pero o mesmo tempo, triste por rematar algo que facía con tanto cariño.
Aquí vos deixo unhas fotos para mostrala miña obra de arte.
Un saúdo.








 


13-oct-2015
Este momento dos adornos, recórdame as féminas, catro complementos e aí van elas "avanti tutta" como se nada, ata parecen máis guapas e todo. Que tal é ser muller!!!

Necesitando un embelecedor rústico para a fechadura, que mellor que facelo deste ferro vello oxidado, unha simulación de máis anticuado imposible.




Sen dúbida, un aire co medievo
 

12-oct-2015
Tocoulle o turno a cera. Para conseguir o acabado que busco, vou aplicar unha Black bison técnica anticuario.Con 3 capas ben dadas, será suficiente.


11-oct-2015
Non hai mal que por ben non veña!
A min o día de choiva de hoxe, venme de perlas para aplicar tapaporos ao cofre do tesouro. Como deixo máis buratos que onde os fan, o tapaporos non só teño que enseñarllo, pero o que verdadeiramente importa é a última impresión, xa que cando a obra de arte esté rematada, distinguir tapaporos de madeira só estará ao alcance duns poucos.






09-oct-2015
De oficio tintor, tinte que che criou!! Logo dunha boa lixadura, unha man de tinte acrílico cor nogal venlle como dios, cando seque xa se verá si para conseguir o efecto rústico que busco, lle fai falta outra capa de tinte ou non.
 
Esto xa empeza a coller cor

30-sep-2015
Chegado o momento de previr, penso que con duas capas ben encharcadas de protector xa pode quedar libre de espantos e de todo mal, non haberá carcoma que lle entre.


 




Detalle do cierre na tapa


28-sep-2015
Definitivamente a ménsula coloqueina na tapa, xa que me gusta máis aí que na parte inferior como tiña pensado nun principio.

Detalle frontal da tapa

Coas bisagras a voltas


25-sep-2015
Toda a santa tarde rompendo a cacharola para esta tan pouca cousa!!! A cabalo entre ménsula e media peana, dei comezo o que pretende ser unha peza decorativa (de castaño); para situala na parte frontal inferior.
  

09-sep-2015

05-sep-2015
Por pedir que non sexa!!

Detalle da cuberta do cofre

31-ago-2015
Fechadura embutida



01-mai-2015


Esquinais dianteiross

23-abr-2015
Aproveitando que teño “de quiero” a doña inspiración, dou comezo ao Proxecto Salo. Un proxecto la mar de ambicioso, que na tarde de hoxe inauguro cun desmarque a vagancia e esta captura da materia prima.
Seguirei subindo imaxes a medida que vaia avanzando no tema.
 


Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)