Superdrink

A práctica de running nunca foi de cobardes, e menos ahora con estes tempos que corren nos que tanto se estila o ir de parking-boting, que si por líquidos fose... a estes ben se lle poderían chamar acuáticos; ainda sabendo que neses sitios hai de todo menos auga. De ahí o álgido esplendor dos 24 horas,  que so lle falta montar na porta un tenderete con duas tablas, catro puntas e un puñado de sillas de formica, (desas que duran hasta que as tiras) sin olvidarse de lucir na fachada o cartel que poña "Superdrink" e que se deixe a mulleriña de vender  María Dorada, pastas Gallo, tomate Solís ou botes de ColaCao entre outras cousas; que eso xa non da pasta. Xa rexenta un negocio dunha marcha comparable a calquera daqueles pubs de movida da década dos oitenta, e sen ter que poñer a súa preciada chambra nova de perlé para sair da casa.
Aquí deixo para a posteridade un resume das saídas do mes de xullo, tanto en bici como en modalidade running e maila foto da entrada o Pazo de Goiáns da saída que fixen en bici o xoves a Boiro. Unha pena que algo así esté en ruinas.

Saídas do pasado mes de xullo

Entrada ó Pazo de Goiáns, Boiro


Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)