Carreira do Demo (Artes)

Estou vendo que esto de participar nas carreiras populares, está resultando ter  unha doble motivación persoal, por un lado o gusto de intervir, de competir, o gusto de rivalizar e de vivir con esa constante loita carreira tras carreira, aguantando todo tipo de inclemencias, ben sexa sol, calor, vento ou chuvia. un esforzo que me  motiva para dar o mellor. Por outro lado a delicia de atoparme cos compañeiros que ademáis de alegrías compartimos a mesma afección.
Hoxe tiven o pracer de disputar a carreira non só ó carón de caras veteranas, se non que tamén disfrutei da presenza de caras novas e non por eso descoñecidas, como son: Juan Vila e Salomé Fernández (que con problemas de gemelos non tivo a súa mellor carreira) non fai falla ser moi optimista para ver a estes dous  enganchados a este duro e sacrificado deporte que tanto fascina. Andaremos e veremos…!!!
Pouco a pouco voume facendo con imaxes para un plantel de luxo, hoxe tocoulle a: José Angel Rodriguez, Manuel Muñiz, Juan Vila e Salomé Fernández  xunto cos xa veteranos de guerra Clemente Ferreirós e Roberto Collazo.
A pesar de que a carreira de hoxe, debido a causas alleas a miña vontade, non me saiu tan ben como esperaba,  recoñezo que a organización  soupo estar a altura, resolvendo as súas tarefas dun modo meritoso, a participación do pobo foi exemplar, animando os participantes en todo momento e señalizando nos cruces a dirección correcta. O percorrido tampouco foi tan duro como se rumoreaba por ahí, ten algún repeito pero tamén tramos moi fáciles de patear.


.
Carreira do Demo










Bonita Imaxe atopada na web



Un saúdo e gracias por visitar Paparroda

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)