Fungo do Artista
Hoxe, na saída matutina do fin de semana, co percorrido Aguiño, Confurco, Noia, Moimenta e para a casa; que por certo, o tramo dende O Confurco ata a Ponte de San Francisco pasando por Carantoña e San Roquiño de Tállara, teño que decir que é cando menos, impresionante! esa baixada con semellantes curvas nin as de Hollywood nos seus mellores tempos de alfombra de gala. Tamén tiven a sorte de dar con este curioso e rechamante fungo con forma de ménsula de cor castaña avermellada, que tiñe todo o seu redor; chámase Ganoderma applanatum, máis coñecido como “Hongo del Artista” ou "Fungo do Artista" Tamén me chamou moito a atención a perícia que se puxo na disposición da leña nesa eira de San Roquiño.
Comentarios
Publicar un comentario