Illa de A Toxa
Que bonito é, e que ben se sente, cando un quer e pode, que non sempre é así!!! pero onte sin ir máis lonxe o Sr. Ansoar máis eu, decidimos pedalear ata chegar a Illa de A Toxa, entre a ida e a volta estivemos moi preto dos 170 Km. fixemos uns altos no camiño tanto en Vilagarcía como en Cambados; para disfrutar do panorama estival, non faltaron as charlas nin os consellos coas súas risas. As condicións metereolóxicas eran idóneas para quedar todo día por ahí en plan “canfino” por aquelas terrazas con cervexas ben frescas pra contrastar coas “giris” en puro estado de evasión, mesturadas con “Canapés de nécora ó Barrantes” e xeados de “Ostra ó Albariño con sirope de centola” eu que sei o que tal alí había...!!! Pero o noso plan non era ese, o noso plan era disfrutar do saudable hábito da entrega o pedaleo, algo inexplicable e incomprensible para moitos, sobre todo aqueles que se xatan de ser uns natos gastadores de barra, na especialidade de pintar ou non a choca, tan inexplicable como esa lagartija que quedou atrapada naquela telaraña antidragóns (ver foto telaraña) a vida ainda sendo fantástica, tamén é así de cruel.
Algo que de veras sinto, foi que estando en A Toxa non espertase a rebeldía do meu sentido traveso, e facer un pis no “hole 18” daquel impoluto, pulcro e inocente campo de cor verde billete.
Tampouco voltamos sin antes ter algún percance no camiño, (que aburrido sería se non) a aventura é o que ten. (ver foto cadena)
Moitas gracias por invertir o teu valioso tempo leéndome.

Foto Cadena |
Foto telaraña |
Comentarios
Publicar un comentario