Música para todos
Estamos de sorte!!
Non hai razón para rematar este atípico mes de agosto con caras
largas e mal sabor de boca. O vindeiro sábado 29 as 19:00h a Asociación Musical
de Aguiño “Albéniz” Rondalla de Aguiño, con gallardía e moito tesón,
deleitaranos cun concerto de corda, interpretando a Marcha Radetzky, un popurrí de temas
tradicionais rusos e varios temas de Abba entre outros, nun espazo acústico
incomparable, como é a igrexa parroquial de Santa Uxía de Ribeira.
A entrada será
de balde.
Comentarios
Publicar un comentario