O título deste post ben podía ser “Amansa Bestias” nel vou contar algo inédito sobre o Sr. Donald Trump, vou falar da estancia que pasou en Baroña sen que a prensa rosa nin os xornais se enteraran. Donald Trump na entrada do recinto fortificado do Castro de Baroña O reloxo da cafetería marcaba as 9:45 cando o presidente a bordo do Air force one, e baixo un maior secretismo tomaba terra no aeroporto de Rosalía de Castro (ata ese momento descoñecíase se viña en plan de negocios ou lecer). Escoltado polas autoridades competentes e sen moito paripé, axiña chegou ao punto de destino, Baroña. Víase ansioso por facer negocios nesta parte da ría, beber Albariño e comer ben, de feito o primeiro que fixo nada máis chegar, foi recorrer os mellores locais de hostalería da parroquia e relacionarse coa xente do lugar cunha especie de castellano averiado, que quen lle dera a moitos! Dende O Pino ata Ínsua pasando polo Castro e Arnela, rematando cunha brisca na
Debido a que o último proxecto " Aprendiz de lutier ", resultou ser unha paixón rotunda, decidín non abandoar ese estado de atracción e entusiasmo, seguindo coa lutería de andar por casa e dar comezo a outra obra de calibre análogo. Vou construir unha Mandolina napolitana, se che interesa o tema, aquí me tes. Publicarei nesta sección do blog a evolución da obra, tamén o farei na páxina MANFER Style de Facebook Que o disfrutes! Para curvar a madeira previamente húmida, utilizo este artiluxio caseiro de alto standing, consiste nun soplete que proxecta lume nun tubo metálico co fin de quentalo A madeira do varetaxe, aros e mástil optei porque forse de arce, unha madeira pouco usual na comarca do Barbanza, pero Madeiras Caype de Frións, sorpréndeme coas mellores pezas. As veces a riqueza está ao lado da casa, e nós buscando polo mundo adiante sen sabelo! Encolando o aro guía no mástil, tendo en conta deixar libr
Efectúo os traballos de lutería, sempre vista aos viandantes, nun garaxe dunha rúa moi transitada de Aguiño, non só pola xente que vai ou ven da praia, se non tamén pola que anda a pasear, circunstancia que nestes momentos (agosto, mes de vacacións por excelencia) me recorda aos primeiros días de rebaixas dos centros comerciais. Aínda que na casa dun, cada un fai o que quer, unha actividade realizada vista ao público, fai que sexa distinta a calquer outra, procuro en todo momento gardar a compostura, sendo o máis sociable posible, intento ser respetuoso, amable e sen perdela paciencia, xa que son moitos os que pasan sen decir nada, pero tamén son moitos os que se deteñen a falar e a observar o que teño entre mans, cada un di o que lle parece, uns falan moito sen decir nada, outros con poucas palabras dinno todo e tamén hai quen di disparates como se nada, sen ir máis lonxe, hoxe acurriron tres detalles curiosos que vos quero contar: Un dos viandantes non se cortou en preguntar s
Neste post vou falar dos cans que había na aldea que me criei. Tristemente, nesa entrañable aldea, só quedan vellos, casas baleiras e corredoiras cheas de silvas e fieitos. Unha aldea que se está esmiuzando como moitas outras espalladas por Galicia adiante. A consecuencia de tal esfarelo, non só fixo que minguaran os veciños, tamén a comunidade canina foi a menos como a auga no verán, situación que me fai lembrar de neno, daquela cando vivía nunha das aldeas con máis cans en toda a contorna. Tal era a febre perruna, que exceptuando catro veciños (dos trinta e dous que éramos) o que non tiña un can, tiña tres ou catro. Había cans por tódolos lados e de tódolos tipos, dende os máis arteiros para a caza, ata o xenuíno can de palleiro, pasando por cruces perralleiros que eran como quen non os tiña, sen esquecer o can de “rasaloba” que tiña algún que outro veciño doente. Non sei ata que punto é certo eso de que os cans son como os donos... Dende o Cotarelo ata a Mourella, pas
A mandolina é un instrumento italiano do século XVII, composto de oito cordas, divididas en catro ordes afinadas de grave a agudo: Sol, Re, La, Mi. A finais do século XVIII comezan a utilizalo compositores como: Vivaldi, Mozart, Giovanni, Paganini e Beethoven entre moitos outros, posicionandoo como instrumento favorito nos salons máis refinados de época. A nivel informativo, queda dicir que no museo Stradivariano de Cremona, consérvanse os planos de construcción, con anotacións do propio Antonio Stradivari. IR Á SEGUINTE FASE IR Á FASE ANTERIOR IR A MANFER Style IR AO INICIO
Comentarios
Publicar un comentario