Mariloli de Mourente
Mariloli D.E.P. era unha muller pouco faladora, seria e moi traballadora. Unha muller exemprar cunha vida desordeada. Casouse de ben nena coa barriga á boca. O home que levou, serio e moi celoso, nunca lle quixo nada. Cando chegaba bébedo de tolería, prendíaa ao mojón do penal como se fose un animal, ao mesmo tempo que a insultaba marcándolle as costas coa fevilla do cinturón, preguntáballe con quen se deitara mentras el non estaba. Os veciños co peteiro pechado, escoitaban atouzar e os berros da mulleriña derreada, pero alí ninguén decía nada, salvo os cans da aldea ouveando con tal animalada.
Máis por sorte que desgracia, aos corenta e pico, cansada de ser humillada e maltratada a “pobre mulleriña” quedou viuva, mandando para o panteón difuntiño e cinturón.
Ao pouco tempo comezou a lucirse, con faldas curtas e longos escotes. O que se coñece como levantar sensacións, vamos!! Querendo columpiarse como os demáis, o que tiña que pasar, pasou naquela noite estrelada, o afortunado foi o mesmo Ignacio que no seu día a deixara preñada.
Ignacio buscando un pouco de “diálogo” cantando Clavelitos conseguiu que Mariloli saíra da casa. Encandilados en pleno camiño, arrimáronse entre o penal e aquel mojón quente de darlle o sol toda a tarde, onde se fundiron entre meneos e firmes apalpamentos, ao son dos ladridos de tódolos cans da aldea. A ver se lle daban que falar a aqueles veciños de peteiro pechado!!
Comentarios
Publicar un comentario