You are ON TIME

Está comprobado científicamente a relación directamente proporcional que existe entre mover o pompis e sentirse ben, por iso na actualidade se ve tanta xente correndo e en bicicleta por corredoiras e camiños, isto quere dicir que a sociedade estase mentalizando de que a práctica de exercicio físico é moi beneficiosa para a saúde. Tamén está demostrado que hai un grupiño chamado β (moi dados a unha vida de excesos); que algunha das súas armas preferidas son a birra, o chocolate e o sofá, pasando os beneficios do deporte pola punta do nabo. A este grupiño tanto lle da  a condición física como que a fustración os visite en calquer momento. Sedentarismo total!!

Tamén é verdade que cada un ten que buscar un exercício axeitado a súa condición física, non vexo a Luis co seu tembleque de alpinista nin a Marita coa súas carnes saltando os 400 valla, sexamos un pouco realistas.

Tamén se fala deses métodos de alta intensidade, con resultados rápidos nos que se propoñen actividades que che fan chegar moi preto do teu límite de resistencia, esta práctica é coñecida como Crossfit ou SMW (Seven Minuts Workout). Para que nos entendamos, ven sendo algo así como poñer toda a carne no asador, concentración máxima, algo semellante a facer o amor, vamos!! Que tanta palabrería inglesa nin “ocho cuartas”.

A miña opinión sobre este tema é moi simple, agora que ven o tempo de longos días e noites estreladas de terraceo, convídoche a deixar de lado tanto almibar e tanta lasaña e mover un chisquiño ese corpazo. Só debes comezar coa práctica da actividade dun xeito moderado e progresivo, de maneira que poidas adaptarte á intensidade á que ti queiras someter o teu corpo, sentíndote a gusto, ainda que só sexa pola dislipemia como ben dixo unha amiga.

Tranquilo/a!! Tampouco se trata de poñerte agora mesmo a ello.

Sigue así!!

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)