Chupándonos o dedo e algo máis
Nunca te parastes a pensar nesas aplicacións que todos
temos instaladas nos dispositivos, como poden ser: Flickr, Instagram,
Pinterest, Messenger, WhatsApp, Hangouts ou mesmamente o todo poderoso
Facebook, que tanto alarde fan de ser de balde, e que en realidade de moca nada
de nada, tendo máis rabo do que parece??
Está visto que nos chupamos o dedo canto queremos e
un pouco máis, apartando un puñado de pailarocos como de costume, o resto somos
moi conscientes do feito, facéndonos a vista gorda ou máis ben mórbida (xa que
neste caso o adxectivo gorda ao meu pensar, quédase algo escaso); pero aquí
ninguén move ficha, e que a gustiño estamos oes!!
Atrévome a decir que se lle propoñen a un
internauta fumador acérrimo (na mesma medida); deixar de fumar ou non ter
internet, pensó que a maioría non duda en arrebolar o chisqueiro entre o millo.
Aínda que moitos de vos ao abrir o día, non
opinedes o mesmo, a gran dependencia a que nos somete internet é bestial,
incluso superando a de fumar, non sexades vos aqueles catro de sempre que o
negan!!
Un servizo sen coste?? Ufff!!! Esto nas películas
ata pode ser posible e todo, pero na vida real permítanme dudalo, xa que
calquer sistema que esté conectado a internet, está sempre exposto a amenazas,
pero non serei eu quen o discuta. Tamén teño claro que todo é a cambio de
algo, aquí ninguén regala nada, moi iluso hai que ser para non ver algo tan
evidente como que o suministro de pomada anal por parte dos provedores da web, é para un posterior empuje
rectal. Así como se nada, vamos!!
Aínda que queiramos pensar que non, a partires do
momento que aceptamos as reglas do xogo, tamén aceptamos baixala bragueta ou os
calzóns, deixando a maquinaria ao descuberto e compartindo con sabe Dios quen toda a
información do dispositivo, datos
persoales, direccións de correo, historial de navegación, direccións GPS, gustos,
disgustos, contactos e fotos con selfie incluido, vaia tarxeta de presentación
máis completa!! Hai "alguén" non se sabe donde, que connosco ten o que quer, pero de momento danos igual, estamos tan
atraídos e embobados que non se lle da chisca de importancia as consecuencias
que esto conleva, xa que a información en mans de “alguén” pode ser usada en
contra nosa nun momento dado.
Aproveito para informarvos de algo
que de seguro moitos descoñecedes, pero podedes estar tranquilos que non vos
perdéstedes nada!!
Existe unha parte na web coñecida co nome de DEEP WEB que para acceder a ela, necesítase un software específico chamado TOR
Antes de nada, decir que este
entorno, pode chegar a ser moi impactante polo que un se poida atopar, non hai censura e chega a zonas da web onde os buscadores máis populares como Yahoo, Bing ou
a mismísima Google nin os cheiran, polo tanto non é apto para todolos públicos,
tamén quero deixar claro que eu non me fago responsable do mal uso que lle
poidades dar a Tor, mirade ben donde
clickades!! Polo contrario se vos chega co que tendes, tampouco vos
compliquedes a vida agora a vosa edade, con estes rompedoiros de cabeza da
internet profunda. Esto en especial, vai adicado aqueles catro de sempre que presumen de porte
aristocrático e que en realidade non son máis que uns fedellos remexóns, pero
ten que haber de todo!! Vai por vos!!
Aquí vos deixo un enlace informativo sobre a Deep Web
Para navegar na Deep Web necesitades
o software Tor que para descargalo podedes facelo dende este enlace:
Boa viaxe!!
Entrar na deep web é ilegal a parte de perigoso, ollo ao que fas!
ResponderEliminarSe consideramos perigoso todo aquelo que nos poida ocasionar danos físicos ou moales, todo ilegal é perigoso.
EliminarPolo tanto navegar pola Deep Web penso que ten bastante menos lasca que: Practicar furtivismo, fotocopiar libros, conducir con tasa de alcohol “un chisquiño” superior a permitida, apurar un semáforo, descargar música pirata, aparcar en doble fila ou circular pola autopista a máis de 120Km/h Parástete a pensar canto software pirata tes no teu ordenador persoal?
Está visto que SANTOS xa quedan poucos, de todas formas douche as gracias, non só pola túa información, tamén por ler Paparroda.
Un saúdo e sigue así