Os lunares de Maripili
Para aqueles que vivan afastado de Móstoles: Until 40TH
may don´t take off your smock, para o resto, ata o 40 de maio non te quites o
saio, se eres de Albacete ata o 47, e se xuño é ruín non o quites ata o fin, se
volve a chover, vólveo a poñer, así ata San Fermín con bufanda e calcetín.
Este ano temos ao Lorenzo dominante a Dios dar, ata se nota
no ambiente que todos estamos felices e contentos, marcando estilo con alegría,
avivando escote, volumen plasmático e frecuencia cardíaca, cheos de sudor
resbalando por canalillo noite e día, e aínda así, non estamos exentos de insolación,
fatiga e algún que outro aturdimento (para aqueles catro de sempre); pero
tampouco penso que sexa necesario chegar a tal extremo, será mellor deixar todo
de lado, buscar unha terraza con sillóns de mimbre na praia e largarlle unhas
cervexas fresquiñas marcando vistas en formas curvadas, e o resto que lle vaian
dando!!
Vaia mes de xuño levamos…!! Ao caer o sol e aparecer a lúa en
forma de plátano cortado, chegou o momento de cambiar de terraza e de bebida.
…Que ben viña unha chill out abrigada do nordés, con gin
tonics ata o día, pouca luz, sofás xigantes e boa compañía.
Óese por aí, que este vran as terrazas viñeron sen fecha de
caducidade, ti confía!!
Comentarios
Publicar un comentario