Publicacións

Quédate

Imaxe
Ola, non quería deixar pasar este momento de corentena sen referirme a vós, aos lectores de Paparroda.  Desexo que esta situación tan pouco habitual e de absoluta excepcionalidade pola que estamos pasando, non vos afecte á familia nin a vós mesmos. Só nos queda seguir as recomendacións das autoridades, quedar na casiña, e agardar a que todo esto pase o antes posible. Ánimo! Un saúdo.

O gaiteiro baroñés

Imaxe
Gadamil (o gaiteiro baroñés) Neste relato, narro a historia de Gadamil, un gaiteiro que deixaba pegada sonora alí por onde pasaba.  O seu nome de pila era Ramón, pero todos o coñecían polo seudónimo de  “ Gadamil ”, de profesión gaiteiro . Nacía no ano de 1905 en Baroña no concello de Porto do Son.  Era un tipo con moito carisma, festeiro e pícaro como ninguén, facía magas coa gaita con tal de sorprender ao público, especialista en amenizar banquetes e foliadas, un verdadeiro showman da época que gozaba dunha particularidade única, tocar a gaita e bailar coas máis guapas ao mesmo tempo, ámbalas cousas con moita maestría.  “ Nin que estivera feito coa mesma tela que se fan as festas, andar de parranda era o seu! ”, iso dicían os que o coñecían. Era un músico singular la mar de cotizado, actuaba  nas vodas de alta alcurnia e tamén nas festas máis relevantes da comarca, San Roquiño de Tállara, a Guía, San Ramón de Bealo, o Loreto, a Guad...

A dobre vida de Sancho Panza

Imaxe
Prólogo Antes de meterme en fonduras, quero deixar claro que esta exposición non é unha interpretación dalgún capítulo da novela  “El ingenioso don Quijote de la Mancha”, se non unha narración con detalles únicos, tomando como eixo a Sancho Panza. Este é o inicio dunha serie de relatos nos que narro vivencias e circunstancias que tanto Cervantes como o mesmísimo Avellaneda non citaron, ben fora por recato ou descoñecemento. Tamén é certo, que falando desta obra con algúns compañeiros, oín verdadeiros disparates, entre os cales, figura un que é digno de mención, máis que nada porque sinxelamente me supera: “Como vas a escribir ti algo que non estea no libro? Sendo así estás mentindo!” Só teño que dicir que o disfrute do néctar imperial está en saber saborealo, igual que gozar do surrealismo cósmico, vamos!   Sábese que Quijote era delgado como un fiuncho, pero xúrovos que era moito máis fraco que do que nos fixeron crer, moito máis fraco que o voso veciño m...

Puro formulismo

Imaxe
Coidado! Xa arrancou motores a maior hipocresía do ser humano, xa chegaron os típicos “copia pega” do Nadal, eses gifs de flores, besos ou muñequiños con frases trilladas, a modo felicitación, aquí os temos! Nas redes sociais e no WhatsApp, porque os pobres SMS da posguerra “aínda” están de viaxe do inserso. Sexa da maneira que sexa, é curioso como chegadas estas datas, parece que de repente todos queren transmitir os mellores desexos, como se se acabara o mundo, oes! Que impersoal…! Penso que algúns dos que che felicitan, se che ven pola rúa nin che falan.   Menos mal que cun mínimo de sutileza e habilidade social, é doado distinguir entre unha felicitación verdadeira, doutra que non é máis que puro finximento. Menos mal! Que teñades bo Nadal.

Acivro galego

Imaxe
O acivro (Ilex aquifolium) é unha árbore que no mellor dos casos pode chegar a medir 15 metros de alto, o seu tronco é recto coa veta lisa e dura, moi apreciada en tornería, de folla verde, lustrosa e perenne cos bordes espiñosos, moi bonita! O froito son unas bolas vermellas que maduran ao final do verán, e non lle caen ata o final do inverno, se non as papan antes os paxaros, porque lles gustan canto queren, para nós son venenosas ollo! Únicamente que se queira estirala pata, ou desfacerse da mascota…  Esta especie necesita terreos húmidos e sombríos para un bo desarrollo, toleran ben a poda polo que son fáciles de modelar. Cada vez vénse menos exemplares altos, máis que nada  porque é unha especie que lle costa medrar, crece moi lentamente, cando non ven o listillo de turno (sobre todo nas datas de Nadal) e lle corta as ramas para decorar alguna estancia, de aí que esté en perigo de extinción, actualmente é unha especie protexida en toda Galicia. Dende que os alem...

O murmurio de Agramonte - cuarta parte

Imaxe
Prólogo  Se chegaches aquí como quen non quer a cousa, e descoñeces de que vai esto de “ O murmurio de Agramonte ”, non te preocupes, sempre hai un primeiro día para todo, pero tranquilo, estás de sorte, porque tamén contemplei esa posibilidade. Por nada do mundo quero que coa lectura deste relato te sintas incómodo, nin atrapado como unha troita nun río seco, polo que che deixo o enlace para que te poñas as pilas e disfrutes de algo máis que a mesmísima realidade.  Se eres novato e queres saber de que vai iste relato, pincha aquí . Polo contrario, se eres un asiduo lector de Paparroda, só quero que disfrutes desta cuarta parte como ti ben sabes, nela narro o diálogo que que mantiveron a expedición baroñesa e Mortorius Sabartán na súa casa de Lousame.  A disfrutalo! Reliquia dun dos garfos de Mortorius O murmurio de Agramonte (cuarta parte) A expedición chegou a Lousame cunha latente preocupación, saber que pasara cos 72 wakizashis, porque i...

Homes de plástico

Imaxe
Unha peste continua... Este relato trata sobre o plástico, un material que nos abafa pouco a pouco sen decir nada.  En pleno século XXI a piques de comezar o ano 2020 xa estamos pagando as consecuencias dun uso excesivo do plástico, non só temos mares e ríos cheos, tamén a vía pública, montes e cunetas plagados deste material, unha peste que ameaza destruir o medioambiente, pero o máis preocupante é que tamén temos o noso corpo cargado de microplásticos. Pero esta situación tan plástica por chamarlle dalgunha maneira, non sempre foi así, logo da posguerra, na comarca do Barbanza o único que non había era plástico, porque de pobreza, fame, miseria e emigración estaban surtidos. Eses anos corenta e cincuenta tiveron que ser moi duros para os que lles tocou vivir esa época, pero dentro do malo, tiñan algo bo, viviron exentos do dichoso material, aínda que pensando ben, non lles debeu importar nada. As veces, non coñecer as cousas é o que ten, non había plástico, pero tam...