Puro formulismo

Coidado! Xa arrancou motores a maior hipocresía do ser humano, xa chegaron os típicos “copia pega” do Nadal, eses gifs de flores, besos ou muñequiños con frases trilladas, a modo felicitación, aquí os temos! Nas redes sociais e no WhatsApp, porque os pobres SMS da posguerra “aínda” están de viaxe do inserso. Sexa da maneira que sexa, é curioso como chegadas estas datas, parece que de repente todos queren transmitir os mellores desexos, como se se acabara o mundo, oes! Que impersoal…! Penso que algúns dos que che felicitan, se che ven pola rúa nin che falan.  
Menos mal que cun mínimo de sutileza e habilidade social, é doado distinguir entre unha felicitación verdadeira, doutra que non é máis que puro finximento. Menos mal!

Que teñades bo Nadal.




Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)