Acivro galego

O acivro (Ilex aquifolium) é unha árbore que no mellor dos casos pode chegar a medir 15 metros de alto, o seu tronco é recto coa veta lisa e dura, moi apreciada en tornería, de folla verde, lustrosa e perenne cos bordes espiñosos, moi bonita! O froito son unas bolas vermellas que maduran ao final do verán, e non lle caen ata o final do inverno, se non as papan antes os paxaros, porque lles gustan canto queren, para nós son venenosas ollo! Únicamente que se queira estirala pata, ou desfacerse da mascota… 
Esta especie necesita terreos húmidos e sombríos para un bo desarrollo, toleran ben a poda polo que son fáciles de modelar. Cada vez vénse menos exemplares altos, máis que nada  porque é unha especie que lle costa medrar, crece moi lentamente, cando non ven o listillo de turno (sobre todo nas datas de Nadal) e lle corta as ramas para decorar alguna estancia, de aí que esté en perigo de extinción, actualmente é unha especie protexida en toda Galicia.
Dende que os alemáns se enteraron da noticia, rabean coas ganas de prantar a cada lado da Porta de Brandeburgo un acivro de procedencia galega, pero de momento non hai “tutía” que esperen sentados… 


Xa fai un ano que prantei un puñado destas bolas vermellas, aquí está o resultado, este fin de semana trasplanteinos a estes recipientes baixos coa intención de que o enraizado non sexa profundo para posteriormente modelalos con técnicas xaponesas. Mostrarei o seguimento. 
A ver que tal! 
Froito do acivro






Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)