Homes de plástico

Unha peste continua...

Este relato trata sobre o plástico, un material que nos abafa pouco a pouco sen decir nada. 

En pleno século XXI a piques de comezar o ano 2020 xa estamos pagando as consecuencias dun uso excesivo do plástico, non só temos mares e ríos cheos, tamén a vía pública, montes e cunetas plagados deste material, unha peste que ameaza destruir o medioambiente, pero o máis preocupante é que tamén temos o noso corpo cargado de microplásticos.

Pero esta situación tan plástica por chamarlle dalgunha maneira, non sempre foi así, logo da posguerra, na comarca do Barbanza o único que non había era plástico, porque de pobreza, fame, miseria e emigración estaban surtidos. Eses anos corenta e cincuenta tiveron que ser moi duros para os que lles tocou vivir esa época, pero dentro do malo, tiñan algo bo, viviron exentos do dichoso material, aínda que pensando ben, non lles debeu importar nada. As veces, non coñecer as cousas é o que ten, non había plástico, pero tampouco ninguén o botaba de menos, os envases eran de cartón, de vidro ou de metal e todo trancurría con normalidade, aos tapers chamábanlle fiambreiras, os capachos cestos e tanto os caldeiros como as bañeiras eran de zinc, as botellas de cristal eran case sagradas, Dios nos libre que caera e rompera, os tapóns destas botellas moitas das veces, eran rollas made in feitas na casa, coa cortiza dunha boa sobreira. Imaxino aos sureños baroñeses, con esa botella reutilizable e "sagrada", cara á de Teira ou á de Doradina a buscar un cuartillo de aceite, ou no peor dos casos só un cuarteirón.

Despois da tormenta sempre chega a calma, neste caso, logo de tanta penuria chegou a década dos 60, e con ela os cambios: A independencia de Africa, o movemento hippie (Paz e Amor), os primeiros disparos sobre a liberdade de expresión e igualdade de xénero e a primeira celebración do Día das Letras Galegas, tamén despuntaron os Beatles e Xosé Neira Vilas publica “Memorias dun neno labrego”, o Home (abordo do Apolo 11) chega á lúa.

Nesa época tamén foi cando chegou o plástico para quedarse e facernos a vida máis fácil, a partires de aí empézase a facer un uso descontrolado dese material, acostumámonos a el de tal maneira, que a esta altura de século a maioría dos envases son dun só uso, usar e tirar, e punto pelota, comodidade á cal nos adaptamos como verdadeiros campeóns, un material maleable, resistente e barato, que os fabricantes utilizan nunha inmensa cantidade de aplicacións tanto industriais como de consumo. Logo de cincuenta e pico anos, todo ese plástico o planeta non é que de dixerilo, polo que non nos queda outra que vivir rodeado del, dende a roupa ata o aire que respiramos, pasando polos alimentos que papamos, como a sal que lle botamos á ensalada ou a auga de facer o caldo, porque de momento as depuradoras non contan coa tecnoloxía suficiente para eliminar este tipo de residuo, todo está contaminado coas dichosas micropartículas de plástico, polo que o problema xa non é só medioambiental...

O feito de que os supermercados cobren as bolsas de plástico, foi un paso acertado, para conseguir que moitas familias modifiquen os hábitos e empecen a acudir ao super con bolsas reutilizables, pero aínda así o camiño que queda é ben largo, coido que empezar a mirar un pouco polo medioambiente é algo que debería preocupanos a todos. Está claro que fácil non é, pero pouco a pouco, teño a certeza de que nos iremos concienciando en reducir a cantidade de plástico, polo menos intentar evitar os envases e envoltorios innecesarios para minimizar esta contaminación.

Por un instante, párate a pensar canto residuo plástico xeneras dende que te levantas ata que te deitas, e xa vas vendo se podes aportar algo ao Mundo ou non. Tendo en conta que hai microplásticos nos peixes, na auga que bebemos, na sal e nun cento de cousas máis. Se queremos luchar contra os microplasticos, non nos queda outra que luchar contra os plásticos, reducindo o seu consumo.




Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)