Tipos de VARETAS

As varetas son unha especie de varillas que van encoladas na cara interna da tapa armónica, as madeiras máis usadas para este cometido son abeto e cedro.
O abeto produce un sonido máis potente, pero apágase antes
O cedro produce un sonido menos potente, pero dura máis no tempo.
A clave do varetaxe está en que debe ser lixeiro e resistente
 
A veta da madeira debe ser vertical, así como se mostra na imaxe.
 
O sonido do instrumento ven dado por a combinación de moitos factores, como vibre a tapa é un deles. Aquí as varetas xogan un papel importantísimo, non só serven de reforzo para que unha tapa armónica fina non colapse, nin se deforme coa tensión das cordas, xa que dependendo da disposición e diseño das varetas, a tapa vibrará máis ou menos.
 
Para reforzar as frecuencias agudas necesítase unha estrutura máis ríxida, por tanto as varetas deben ser máis cortas e con máis masa. Por o contrario, para reforzar as frecuencias graves, a estructura que se precisa debe ser menos ríxida, esto conséguese con varetas máis largas e máis finas, polo que se pode dicir que:
 
Unha vareta larga produce frecuencias máis graves e unha vareta corta produce frecuencias máis agudas.
 
Por este motivo, as varetas no lado dos graves son máis finas e con un escalonado máis marcado nas beiras, para de este xeito baixar masa. Este feito é algo que casi non se aprecia, pero está aí…

Por iso é tan importante a elección, a forma e a ubicación das varetas, delas dependen as características tonales e de resonancia do instrumento.


O seguinte enlace estará dispoñible proximamente!!!
 

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)

Os cans da miña aldea