O fondo da guitarra

O fondo da guitarra é a peza que cerra a caixa armónica pola parte traseira, está feita da mesma madeira que os aros e tamén cumpre como reflector do son que produce a tapa armónica, afecta ao timbre. É unha parte tan importante como outra calquera, todo depende da importancia que se lle queira dar as cousas.



Antes de poñerme co encolado das barras, lixo con grao 500, 600, 800 e 1000 aproximadamente cinco minutos con cada un deles.

Para encolar as barras utilizo a soleira MANFER Style, esta ten unha curvatura de radio 6000mm que ven sendo 3mm na parte central (debaixo da ponte). Observar detalle da forma abombada nas seguintes imaxes.


Motivo polo que ás barras hai que darlles esa curvatura natural (copia exacta da base da soleira)



Para manter unha presión constante e uniforme durante o tempo de secado, utilizo o sistema de canas que persoalmente considero que vai fenomenal.


Para o fondo utilizo a mesma madeira que os aros, Palosanto da India, a xunta é de sicomoro, as barras de abeto Alemán e o reforzo do fondo de Cedro de Honduras.
O encolado é por compresión, pódese ver no vídeo con detalle.



Este é o artefacto que utilizo para os distintos traballos na guitarra. Os castellanos chámanlle solera, eu chámolle soleira Manfer Style, a cal perfecciono según vou andando e vendo.
Este luns pasado cando publiquei nas redes sociais o vídeo "Elaboración do fondo da guitarra" facíao con este texto: Non vou dicir que facer un instrumento sexa traer un fillo ao mundo; que eso é algo imcomparable, que llo pregunten ás mulleres! Pero considero que tamén é moi teu, porque a creación dun instrumento é algo máis que copiar de algo que xa está feito, é crear algo único. 


No seguinte enlace mostro como elaboro o fondo da guitarra. 
Agardo que o disfrutedes.


Para acceder ao vídeo pincha AQUÍ


Para acceder á portada do blog pincha AQUÍ




Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)