Diferencias entre guitarras
Guitarra acústica, clásica e flamenca
Está claro que todos sabemos diferenciar unha guitarra eléctrica dunha guitarra española, faltaría máis! pero penso que cambia o conto, se temos que diferenciar entre unha guitarra española, acústica, clásica e flamenca.
Moita xente chámalle guitarra española a todas, e tampouco é así, cada unha ten as súas particularidades, de feito, teñen un son distinto.
Neste post, pretendo diferenciar cada unha delas, a un nivel de andar por casa claro está, non me vou meter agora en fonduras de tres al cuarto nin moito menos, considero que tampouco é necesario, catro detalles de cada unha e punto, o esencial para que vos chuleedes.
O que a simple vista se lle ve en común a estas guitarras é que todas teñen seis cordas e unha silueta moi parecida, por non decir igual, pero entre todas elas, a única que ten as cordas de metal é a guitarra acústica, por eso ten un son máis forte e agudo, comparado co son suave da guitarra española, a guitarra acústica é a que menos marcada ten a cintura, tamén é a máis voluminosa, pero aínda así é a que máis estreito ten o mástil cun clavixeiro distinto.
Esta guitarra é a copia ianqui da nosa, ata é máis fea e todo!
Guitarra acústica |
A guitarra española ten dúas variantes, a clásica e a flamenca, as dúas teñen cordas de nylon.
Guitarra española con golpeadores |
A guitarra flamenca está feita de ciprés e abeto, polo que a tapa, aros e fondo son de cor claro, ten unha altura de corda extremadamente baixa, case tocando o diapasón. Dispón de golpeadores para evitar marcar a madeira coas uñas, debido ao golpeo percusivo da música flamenca, tamén é a que ten os aros con menos fondo, resultando deste xeito, ser a máis estreita de todas.
Guitarra flamenca |
A guitarra clásica adoita ter o mástil máis ancho que a flamenca, a tapa acostuma ser de cedro ou abeto, os aros e o fondo son escuros, xeralmente palosanto, sapelli, cocobolo, nogal, palo rojo, nazareno, ziricote, arce, caoba etc. Dependendo das madeiras, así será o prezo.
Guitarra clásica |
Marchando dúas bulerías, un soleá e catro fandangos, para que a partires de agora, a ver se non falamos indistintamente, da guitarra acústica, clásica e flamenca, como se foran o mesmo instrumento.
NOTA: As imaxes non son da miña autoría, atopeinas na web.
Comentarios
Publicar un comentario