A tutiplén
A resposta da xente, ao enterarse da miña nova afección, é do máis diversa. Como diría o Sr. Anselmo da Picota (Deus o teña na Gloria) “Do máis variopinta meu fillo” Sí! variedade total. Uns rin, outros falan por non estar calados, hai a quen lles gusta a palabra flipado, meus pobres... Os que opinan, os que non din nada, os que preguntan e os que animan.
Mentras tanto, eu disfrutando, e como di o outro: "Que me quiten lo bailao"
Como de seguro, ti estás entre un deles, aquí che deixo a fornada do meu último vídeo.
Nota: De momento xa son 3 os probadores da futura guitarra MANFER Style
Comentarios
Publicar un comentario