Cofre (parte 1)
Non hai mal que por ben non veña. Debido ás inclemencias meteorolóxicas arrimadas a este lado da costa, teño que deixar de lado o instrumento que estou a piques de rematar (unha mandolina napolitana preciosa como un mundo) agardando a que sopre ese vento cálido e seco que deixa os beizos como cortizas, ese vento do Norte e do Leste chamado Nordés, porque a humidade que temos estes días en Aguiño, prexudica e moito as labores de barnizado, polo que é impensable realizar calquera acción no instrumento.
Agardando por ese vento favorable que non chega, pasoume pola cabeza unha fascinante idea, idea que non quixen deixala marchar, de momento non é máis que un barullo de liñas tortas e mal feitas, pero todo se andará. Aquí deixo o bosquexo de como aparece na cachola, o que implica que o resultado poida que non teña nada que ver. Seguirei informando.
Todo comeza así, sacándolle sarrín a unhas pezas de madeira, corte vai e corte ven. Idea avante.
Bosquexo: Debuxo feito só cos trazos esenciais.
Comentarios
Publicar un comentario