Cofre (parte 2)

As veces penso que sería interesante nacer en outra época, por varios motivos, sí! Un deles sería para aprender dos artesáns daquela, homes con serenidade e aplomo, non sei se con habilidades innatas ou non, pero facían obras de arte sen medios, cun cepillo, unha trencha e unha serra, eran os reises do manbo. Traballaban a madeira dun xeito especial e a pelo, como se di neste cornecho.
Non todos os días saen as cousas mal, por exemplo hoxe, foi un día moi productivo e por consecuente a satisfacción tamén brutal. Coa maior parte das pezas rematadas polo traballo de días pasados, só quedaba aplicarse para deixalas ensambladas con cola e clavos, fiel ao o meu propio estilo, o avance foi caralludo. 
Estou contentísimo e gardo as emocións para mostrárvolas aquí.

Que as disfrutedes!


No seu día conseguín esta peza da época de Maricastaña, unha fechadura que lle queda de perlas a este cofre, un cofre que servirá para gardar os  diamantes, como lle dixen a un cativo preguntón, súa nai riu, eu tamén.












Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)