Selfie na Lúa
Esta semana a NASA levou a cabo unha das misións máis complexas e relevantes da historia.
Dende o cabo Cañaberal, Florida, a nave Apolo-top comandada por estes dous
individuos, foi lanzada ao espacio exterior polo transbordador espacial do mesmo nome, co propósito de coleguear coas civilizacions
extraterrestres e resolver deste xeito incognitas que levan décadas intrigando
á comunidade científica.
Esta misión tamén fixo realidade o soño de realizar o primeiro
selfie lunar, considerado como un dos
momentos máis significativos da historia da humanidade. Onte pola tarde,
estes dous astronautas lograron un perfecto e laureado
aterrizaxe no areal da praia de Coroso, en plena ría de Arousa, poñendo fin á misión.
Este suceso histórico foi retransmitido a todo o planeta dende
as instalaciónns centrais da NASA TV. Este intrépido e audaz proxecto, avivou o interese da NASA en
seguir facendo viaxes espaciais. Se estás interesado, para apuntarse na lista de espera, pincha AQUÍ.
Pregúntome canto pagaría Julio Verne no 1865 por
saber a data do primeiro selfie na Lúa, por aquela cando escribía “De la Terre à la Lune”?
Non te conformes só coa realidade.
Bo finde!
Non te conformes só coa realidade.
Bo finde!
Comentarios
Publicar un comentario