Amigos de lacha
Imaxe atopada en Pinterest |
Daquela cando éramos cativos,
dependendo como fosen os amigos, agrupábamolos en infinidade de subgrupos,
chamándolle dunha maneira ou doutra, dende os mellores amigos ata os de nin fu
nin fa, que tamén eran amigos! Ao facernos adultos, como que estas
subdivisións parecéronnos cousa de
rapaces e pasamos un chisco delas, pero aínda así temos diferentes tipos de amizades.
Neste post, vou falar de
todos eles, dos que non se teñen, dos que escasean e dos que sobran (os do montón). Sobre os
amigos non hai nada escrito, poden ser altos, baixos, gordos, flacos, bos,
malos, espabilados e aparvados. Para ser bo
amigo non fai falla ser intelixente nin boa persoa, de feito hainos malos como a peste e son
excelentes amigos, polo tanto, a clave da amizade parece que está nos
sentimentos. Como esto de ter amigos é algo que aínda non se fai ante notario, cada un ten os que quere, cando quere e como
quere, o malo é mantelos. Polo de pronto, os amigos todos son chachiguais
e chachipirulis, por algo son amigos! Aínda
que sexan "chusma callejera"... Polo menos ata que un non caia da burra e se esperte coa caída.
Non sei como é, pero case todos tenden a sorprendernos.
Xa non é a primeira vez que me atopo con algún e me pregunto: Como puido
ser, que cando o coñecín me parecera normal... Curiosa pregunta verdade?
Aos humanos non nos pasa o da froita, que
primeiro madura e logo cae, non! Nós maduramos coas caidas, cantas máis, máis
maduros. Esas caídas implican unha evolución e con ela, cambios, tanto na forma de pensar como
na de actuar, de aí amigos que formaron parte do noso pasado e non do presente. Ter un amigo é como xogar á ruleta rusa, un perigo inminente. Tanto pode ser un bonachón como resultar ser un auténtico cabrón. Nunca
se sabe! Todos son boísimos, ata que chega a hora da verdade, aí é cando se ve
os que chegan a tempo, e os que chegan cando teñan tempo.
Os amigos son como os pinos, os atravesados hai que chapodalos.
Ao longo da vida, por
cuestións varias, ben sexa xogando, estudando, traballando, rascando o pepino
por aí adiante ou por sorteo, vamos coñecendo xente. Moita dela co paso do tempo
o único que deixa son bagos recordos, a outros polo contrario véselle xeito de
chegar a ser de confianza, aínda que probablemente non cheguen a formar parte
dos que se contan cos dedos dunha man, os da clase suprema, por decilo dalgún
xeito, a first class da people. Nese grupo están os incondicionais, os que sempre
están atentos, os que nunca defraudan, os que che miman, che axudan, os que
perdoan, os que che levan en palmitas, e se fai falla, meten a man no lume por
ti, non rompen o lazo de amizade por nada do mundo. Sinceramente dudo da súa
existencia, máis ben considero que é cousa de telenovelas. Pero bueno... Din
que existen!
Hai outro tipo de amigos que
tamén comparten pódium cos da first class, estes a pesar de parecer boa xente e
bailarche a auga canto queren, non é para confiar plenamente neles, aínda que
che inviten ao café! A lebre pode saltar en calquera momento. Aquí hai
verdadeiros amigos de lacha, expertos en vendedurías, que che deixarán tirado en menos
de nada e daranche por saco como se nada. Ti confía e non corras!
Outros van de normais, aínda
que desto non teñan nada. A metade adoita ter unha cabeza de chorlito de
agarrate que hai curva. Coleguillas e caraduras, deles pódese agardar calquera cousa, son os profesionais da impostura, van contigo de carallada pero pouco máis, polo xeral son hipócritas como a copa dun
pino e aínda que celebran as túas vitorias, en realidade só queren que che vaia
mal. Din por aí que cando a alegría entra pola porta, os falsos amigos saltan
pola ventá. Nunca mellor verdade! Pura envexa!
Un verdadeiro amigo, é
aquel que sabe como comunicarse
contigo ou atoparte aínda que vivas na “Conchinchina” e non teñas WhatsApp,
o resto encontrarante por casualidade ou
simplemente o darán por imposible.
Como ben dixo Oscar Wilde “Os
verdadeiros amigos apuñálante de frente”
Con amigos así, quen quere enemigos! Esto tamén se escoita por aí.
Dende o punto en hora que
chega o momento da verdade, cada un unicamente mira polo seu cu deixando os demais de lado. A conclusión á que se chega é que os amigos non existen, non quedando outra que lamber cada can o seu carallo.
Que teñades mellor día
que amigos.
Lacha: Vergonza, vergoña.
Sentimento de quen fixo unha cousa que non debía, acción ou suceso que causa
indignación, escándalo etc.
Comentarios
Publicar un comentario