Ribeira vs Riveira
Neste post vou
falar de algo que non é precisamente que me traía polo camiño da amargura, pero
sí que fai anos que me mantén en ascuas, ese algo é o topónimo de Santa Uxía de Ribeira, unha cidade que
a principio do século XX o rei Alfonso XII declaraba como tal.
Para os que
descoñecedes esta parte da bóla, aí vai a situación xeográfica da intriga con
algo de entrante.
Ribeira é un municipio
da provincia de A Coruña,
situado nin máis nin menos que na comarca do Barbanza, un entorno natural de enorme beleza, volo xuro! Neste
municipio, entre outros moitos festexos, celébrase unha das festas máis
populares de Galicia, a Festa da Dorna que xa leva dende o
2005 declarada de interese turístico de Galicia. Unha festa cun ambiente alegre
e divertido sen igual. Se aínda nunca viñéchedes, que sepades que xa se está
cocendo a LXIX "sinjladura" e vós sen cheirala. Que queredes que vós diga!
Como os papeis
son os que cantan, Ribeira é unha cidade, como pode ser Toledo, Mobile ou
a mesmísima Pretoria, pero con algo significativo que a diferenza do resto, a
cantidade de miradoiros que nos ofrece, pódese dicir que case hai un en
cada penedo, o dos Forcados, a Garita, San Roque, Punta Couso, a Pedra da Rá,
Tahume, Cidá e tamén o de San Alberto coa especialidade en efluvios e gruñidos.
Todos eles con algo en común, as impresionantes vistas ós fermosos e
longos areais, co permiso do Parque das Illas Atlánticas.
Ribeira tamén
conta cun rico patrimonio arqueolóxico, aínda que neste caso ben se podería
aplicar o refrán: “Dalle Dios pan a quen non ten dentes”, xa que coa santa
pachorra que se gasta, permítese o “luxo” de ter parte abandoado. Non fai falla
ir moi lonxe, ó castro de Anquieiro ou o muelle fenicio en Aguiño, son claros
exemplos, ambos cun valor turístico incalculable e nulo ao mesmo tempo.
Tamén se oe por
aí que dispón do porto de baixura máis importante de España.
…Ou eso diríase
naquela feira en que a flota pincheira andaba na fura de diante?
Botaría horas
falando da cidade na que traballo, pero non me quero enrollar con tanto paripé.
Resumindo, con este post non só quero mostrar ao mundo a riqueza visual deste
municipio xa que dende calquer outeiro se pode disfrutar dun paisaxe singular
con excelentes e fermosas vista á ría e ao mar, se non tamén amosar o descontento que estou coa forma que se
escribe o topónimo da cidade.
Francamente
resulta increíble que a esta altura de século ninguén queira dar o brazo a
torcer, seguindo coa pelexa de galos como a primeira hora. Hai argumentos para
tódolos gustos, de se provén da palabra do latín Riparia, de se é froito dun castelanismo,
ata se aventuraron na década dos oitenta chegando a unha conclusión nun
acto plenario. Pregúntome quen son “eles” para decidir nada ao respecto? En Galicia de momento o único organismo que regula os
topónimos é a Xunta de
Galicia e punto.
Paréceme unha
auténtica trapallada o feito de que a Xunta e o axuntamento de Ribeira non se poñan dacordo en romper a convivencia das
distintas ortografías do topónimo,
dando renda solta a que cada quen o faga como lle pete, escribindo por igual Ribeira con “b” e Riveira con “v”. O resultado é
incoherente e bochornoso, rúas plagadas de rótulos beistas e
uveistas, tendas que teñen as bolsas dunha maneira e o ticket doutra, camións
coa cabeza tractora e remolque con outro tanto do mesmo, pero o máis triste é
que esto non só pasa na rúa, tamén pasa na web e en cantidades industriais, non
hai máis que entrar en calquer buscador e comprobalo.
Aquí vos deixo un
claro exemplo da imaxe que se dá ao mundo.
Non fai falla surcar os mares para atoparse cunha farta de incoherencias. Nesta captura pódese observar cinco veces escrita a dichosa palabra, cada unha de seu pau. |
Cando non se sabe do que se fala se len escritos como o de arriba. A cuestión é que a toponimia de Riveira é confusa debido a que durante séculos vense escribindo con v e con b, o cal pon en tela de xuizo a tese da derivación de "riparia". Existen moreas de documentos de diferentes séculos nos que Riveira aparece escrita indistintamente con b e con v. Xa en tempos máis contemporáneos, son moitos os documentos administrativos nos que Riveira aparece con v. Practicamente todos os nenos e nenas que estudiaban nas escolas do municipio a principios do século XX, e ata ben entrados os 80, aprenderon a escribir Riveira con v. Só dúas mostras de todo isto: http://www.todocoleccion.net/manuscritos-antiguos/1872-santa-eugenia-ribeira-coruna-vecinos-ayuntamiento-piden-limpiar-rio-grande-salmon~x41342964#sobre_el_lote e http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2009/10/23/rectoral-ribeira-albergara-museo-documentos-reliquias-parroquia/0003_8055293.htm
ResponderEliminarSi, vale, existe unha lei autonómica que regula a toponimia, que decide que Riveira ten que escribirse con b. Tamén a Constitución de 1978 establece como dereitos o traballo, unha vivenda digna, e un sistema de xustiza independente da política. Un dos grandes problemas do noso tempo é que todo o mundo cre que a súa opinión debe ser tida en conta... como a de quen escribe este desafortunado artigo sobre a v e a b na toponimia riveirense... É un dos grandes males da internet... xa o dicía Umberto Eco.
Antes de nada quero agrader a túa participación no blog, aínda que o fixeras de forma anónima.
ResponderEliminarHai dúas partes do teu comentario que realmente me chaman a atención. Empezas dicindo “Cando non se sabe do que se fala se len escritos como o de arriba”
Sinceramente non sei en que te basaches para chegar a tal conclusión, quizais foi consecuencia dun mal día ou dun estado furioso, non o sei, o que sí teño claro é que hoxe volvería a escribir o mesmo, básicamente porque esa é a miña opinión e como ti ben dis, creo nela, por eso a publico neste medio para facela chegar a tódolos meus lectores, agardando que non a consideren tan desafortunada como ti crees.
Rematas dicindo “É un dos grandes males da internet…”
Que va! Estás moi equivocado, bendita diversidade, pobre de nós se só consideramos unha opinión.
Un saúdo.
👏👏👏👏👏👏👏👏
EliminarSi cando está de ser que non... será que non... O problema é que falas de filoloxía ou lingüística sen saber... o mesmo que unha persona que non ten idea de astrofísica e diría que habería que barrer os aneis de Saturno... en fin, como dicía Umberto Eco: "las redes sociales le dan el derecho de hablar a legiones de idiotas que primero hablaban solo en el bar después de un vaso de vino, sin dañar a la comunidad. Ellos eran silenciados rápidamente y ahora tienen el mismo derecho a hablar que un premio Nobel. Es la invasión de los idiotas".
ResponderEliminarPerdoe vostede señor anónimo, pero o único que fai e faltar ao respeto só por nn estar de acordo e nen sequera ten coherencia no que dí. Tan de listos imos pola vida que nos olvidamos de onde vimos.
EliminarEste tipo de xente vese ás léguas, cunha educación sen valores, non lles queda outra que manifestarse co insulto e a falta de respeto.
Eliminar¿Faltar ao respeto? A susceptibilidade que mostrades é francamente significativa. O que non aturades é que alguén vos diga as verdades. Entrades nas redes como elefantes na cacharrería, pensando que só por poder artellar un blog e saber xuntar catro letras con algo de acerto vos convertides en talentos oradores da ágora virtual. Opinades de cousas que descoñecedes profundamente, pero tamén é certo que vivimos nunha época donde a ignorancia é bandeira. Eche o que hai.
Eliminar