Unha de queixo
Non me sorprende que non
teñan en El Corte Inglés o queixo de Félix, co cheiro marcharían todos escopetados! |
Hoxe toca falar dunha paixón, de feito, se tivese que elexir entre xamón, queixo ou chocolate, tería claro que levar a illa deserta. Xa pode ser de Arzúa ou de Maracena, gústanme todos! Tamén teño que dicir que aínda sen considerarme un superdegustador, recoñezo que a medida que pasan os anos estoume volvendo máis quisquilloso ao respecto. Xa está ben de picar de parbillo!
Familiares, veciños e compañeiros de traballo entre moitos outros tantos coñecidos, xa non son poucos ós que lles escoitei dicir iso de: "Non me gusta o queixo". Parece increíble que coa cantidade de sabores que existen, dende os tenros máis suaves ata os curados con sabor máis forte tirando a picante, non atopen un que lles guste. Está claro que complacer o paladar non sempre é fácil, a uns gústannos casi todos e a outros con cheiralos xa lles chega. Non sei se será bo ou malo que non todos disfrutemos das mesmas cousas, un bo queixo, un bo viño, unha boa lectura, unhas boas vacacións e porque non, dunha boa compañía. Parece triste, aínda que debe ser así, ten que haber para tódolos gustos!
Cando penso no queixo véñenme a cabeza tres cousas, a primeira o moito que me gusta, disfruto comendo queixo, encántame! A segunda tócame un chisco a vena solidaria e penso, o lamentable que debe ser para os intolerantes á lactosa non poder disfrutar de tal manxar. Por último en Félix, un compañeiro de mili que vivía nun pobo recóndito entre tantas cabras que nin se sabe. O que si se sabe era o cheiro que deixaba naquel acuartelamento de Infantería, cada vez que traía queixo.
Chegado a este punto non sería ben seguir sen contarvos a anécdota do queixo cheirento. Félix, un recluta do montón que pasaría a mili sen pena nin gloria se non fose polos amigos do escuadrón 5º/51 de Infantería e os queixos que facía súa avoa. Este compañeiro bonachón, cada vez que iba ao seu pobo, viña cargado cun estoxo recuberto dunha especie de tela semellando esparto aterciopelado, dentro traía catro queixos de algo máis do quilo cada un. Un deles (por motivos de enchufe) era sempre para o teniente de batallón, o resto papábao o escuadrón. O queixo non se podía dicir que fose tenro nin tampouco demasiado curado, era caseiro, dunha textura e sabor extraordinario, o malo que tiña era o cheiro a calcetíns de sete días. Son testemuña de que o cheiro que desprendía aquel queixo non tiña nada que ver co seu delicioso sabor. Entre tiroteo e tiroteo o queixo deixábase querer, non se sabe se debido ao bo que estaba ou as gañas que tíñamos de acabar co cheiro.
Unha pena que esta delicatesen exenta de Denominación de Orixe Controlada non se atope para a súa degustación en Amazon nin en El Corte Inglés, pero no seu defecto, recoméndovos dous queixos que de seguro moitos de vós descoñecedes.
Feta
Un queixo clasico de Grecia especial para ensaladas.
Matarraña
Un queixo maño da provincia de Teruel, especial para compartir un viño co mellor amigo/a
Dous queixos que hai que probar.
Un queixo clasico de Grecia especial para ensaladas.
Matarraña
Un queixo maño da provincia de Teruel, especial para compartir un viño co mellor amigo/a
Dous queixos que hai que probar.
Queixo Feta con Denominación de Orixe Protexida (D.O.P.) |
Comentarios
Publicar un comentario