Outro cacho

Xa temos aquí ao Nadal repetindo a historia, e con el, a recua de propósitos de tódolos anos. Practicar deporte, adelgazar, non roer as uñas, ler algún libro, deixar de fumar e non sei cantas cousas máis. Época na que botamos polas pozas os cartos, o Zen, o Yoga e o equilibrio entre comer, traballar e durmir.

Polo de pronto, xa gastamos a pasta na lotería, aínda sabendo que non iba tocar, pero… “Por se a caso” non vaia ser que o veciño se poña rico e nós sen cheirala. Suceso que mostra perfectamente o irracional que somos.

Tamén xa fomos ás ceas de empresa, onde as mulleres luciron prendas, escotes e tacóns imposibles. Unhas para ben e outras sabe Dios para qué. As pernas de Rosa, os rizos de Susana ou o escote de Inés. Sinceramente, cando algo resulta atractivo, da gusto míralo. Pero non todo é así, tamén as hai, que con só oilas falar dan medo, e con catro copas…  Outras non sei que pretenden ano tras ano, vestíndose como prostitutas. Será que non teñen espellos na casa?

Como estamos nunha das épocas máis familiares do ano, aproveito o momento para desexar Felices Festas a todos os que vos paráchedes en ler Paparroda.




Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)