Crime metrolóxico

Neste post vou tratar un tema que nos atañe a todos, xa que nos toca o bolsillo. Estou vendo que pasan  os días, os anos, os séculos e sorprendentemente seguimos sen prestarlle a atención que se merece. Será que imos de sobrados?

Realmente non sei se é que estou deixando atrás ese característico pasotismo consensual, me estou facendo vello ou porque me toca vivir nunha sociedade na que ninguén regala nada, unha sociedade de “Ollo por ollo, dente por dente”. 

Francamente “me la suda” que o Peso sexa igual a masa x gravidade, que sexa a unidade monetaria chilena ou que sexa o causante da operación bikini. O que si me preocupa é que mo vendan a 6 Pts.

Primeiro nas tabernas da aldea xunto aos lexendarios establecementos ultramarinos da época, e agora nas tendas chinas de barrio, xunto cos poderosos hipermercados, as básculas seguen na mesma liña, alleas ao paso do tempo, sen amosar a etiqueta que garantiza ter pasada a inspección de calibración.
Para que unha báscula dea garantías de marcar o peso correcto, ten que ter pasada a súa “itv”. Non é que o diga eu, así o establece o artigo 11 da Orde do 27 de abril de 1999 do Ministerio de Fomento, pola que se regula o control metrolóxico dos instrumentos de pesaxe. Polo tanto os establecementos están obligados a “solicitar” á Administración pública competente a súa verificación cada dous anos, poñendo nun sitio visible do aparello a etiqueta de calibración en vigor. 

Que a báscula serve para pesar, sabémolo todos, tamén sabemos que o tendeiro trapichea con ela o que quer e algo máis, e non o que corresponde. Sabendo esto, por que nos deixamos ir como se nada?
Por que pagar un kilo de froita e traer para a casa catro fresas menos? Co ricas que están...

A historia do fraude na balanza, remóntase ao 2500 a.c. cando os exipcios andaban a voltas coas pedras en pleno apoxeo piramidal. Daquela xa había fraude, pero máis tarde, entre a civilización romana, os narcos galegos e catro máis por aí, perfeccionárona de tal maneira, que todo era fraude, ata que xurdiu a Super Báscula Pro+. A diferenza da báscula tradicional que mide forzas e a balanza que compara masas, a SBP+  mestura eficazmente vectores α con forzas gravitatorias e magnitudes G informatizadas, contrarrestando as propiedades físicas da palanca, ofrecendo deste modo un sinfín de resultados sorprendentes dunha precisión e sensibilidade elevada á micronésima, ideal para utilizar, sen calibracións,  en calquer parte do planeta, marcando valores próximos ao peso real, tendendo á alza ou á baixa en función a catro variantes absolutas: posición astral, estado eufórico, audiencia de Tele 5 e guilladura actual.

Este aparello para adaptarse aos tempos e necesidades da sociedade, incorpora tecnoloxía de último grito para un cálculo eficiente de masa cerebral, peso  xusticiero, retención de líquidos, nivel de amor con chifladura mental, adicción smartphonica e peso ideal, dando información valiosa con pautas a seguir para mellorar a  túa composición mental. Se estás feito un monte de graxa, faiche unha foto de corpo enteiro, coa firme intención de publicala automáticamente sen protocolos aparentes nos diarios dixitais de maior relevancia, a ver se recapacitas dunha vez por todas e te das conta de que a operación bikini empezou XA.


Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)