Amor idealizado

Levo tempo observando un comportamento feminino que se repite tódolos anos, sen discriminar raza, nacionalidade nin relixión. Sí, xa poden ser altas, baixas, guapas, feas, morenas, rubias, trencas ou espateladas que chegada esta fecha (un mes despois do día “D”); é cando alcanzan a súa máxima plenitude, entrando de cheo nun periodo un tanto peculiar, unha mestura entre pasotismo, sosego e desánimo, que dura xustamente o que elas queiran. Que non é pouco!

Xa vai alá un mes daqueles tantos bicos e abrazos, un mes dende que todo era da cor dos chicles de fresa, un mes dende que foi San Valentín, cando todo era amor, frenesí, cariños, moito ritual, moita proposta erotizada, moita caricia e moita pólvora queimada… Hoxe TODAS están cansadas ou sofren algunha patoloxía xenérica, tanto lles pode doer a cabeza, o costado, o duodeno, a carne do pescozo ou a farinxe. O que non aproveitou aqueles días coa explosividade do “Pack AMORE” (Regalo, Cena Romántica e Pólvora); que se olvide! Agora xa é tarde para contar con regalos nin ceas románticas con velas, do da pólvora xa nin falemos… Pasou o día e pasou a romería, de estar de lo más Guay del Paraguay “quérote, meu amor”, “I love you, honey” a de repente, non querer saber nada do tema. Que pasa? Eso do AMORE xa se acabou, xa non vai con elas, ou que? De ben pensado, como cambia o conto nun mes…!

Esto é unha mostra dos dous estados claramente recoñocidos que padecen as mulleres, ben lle podemos chamar ON-OFF , TODO ou NADA, eso sí, sempre cando elas queiran. Os sentimentos da parella impórtanlle un bledo fly, ou un comino como din os de Torrelodones.

No medio de todos estes parafernais e tomaduras de pelo, á clara conclusión a que se chega é que os únicos namorados de verdade, somos os HOMES, para NÓS xa pode ser día, noite, entroido ou coresma, independentemente do momento seguimos ao pé do cañón sen caprichitos, entregando corpo e alma como sempre.
Polo contrario ELAS van pola vida de víctimas namoradísimas, tendo que ser o que elas queiran e cando queiran, ninguén de ningures! Un puñado de sintetismo espetado nun pau.

Quen dixo que o mes de febreiro é o dos namorados? En tal caso será o mes das farsantes, bombóns, halagos e moita pamplina, pero aínda así, con tanto amor idealizado, viva a monogamia!



Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)