Questa è la torta di amooore
Isto é o que diría aquel amigo de Florencia, Albertino di la Toscana, aínda que para os genuinos parlantes deixarémolo en “Questa è la tarta del amore”
Neste post, podía falar doutro gancho culinario de máis engorde, pero sendo
o día que é (Día do Traballador); quíxenlle facer un oco e compartir con vos esta
auténtica delicatesen, que goza dun posto privilexiado entre os meus biscoitos
preferidos.
E para que dunha vez por todas esta rica mestura deixe de ser motivo de envexa, disputas veciñais e pesadelos gastronómicos, aquí deixo a receita para os interesados/as.
• 6 ovos
• 150 gr. de manteiga
• 300 gr. de azucre
• 350 gr. de fariña
• 1 sobre de levadura Royal
• 4 plátanos (maduros)
• 150 gr. de noces (cascadas)
Mézclanse tódolos ingredientes agás os plátanos machacados coas noces, que se incorporarán ao final. Tamén se necesita un molde e un forno a 180° C
Os novatos/as que para tales menesteres precisedes de máis información,
non dubidedes en poñervos en contacto. paparroda@gmail.com
Non
sexas dos que andan no mundo por andar, sen probar tal manxar.
Que a disfrutedes!!
Buuff... Debe estar molto delizioso, pero un atentado para dislipemia xenética. Tamos en paz gastronomicamente...
ResponderEliminarjajaja!! Que non me entere eu, que algún día se esqueza da tal dislipemia e lle meta a ese corpo, ensaimada mallorquina, migas de Teruel, queso manchego, hojuelas de castilla ou xamón extremeño. Por molto delizioso que esté!!
Eliminar