Castro de Baroña
Unha de romanos naquel crudo inverno do ano 132 d.C.
Aínda ben non era medianoite na polbeira, cando Jolán (un mozo do poboado); entalado de frío vía como o mar picado engulía todo o seu traballo con aquél canastro recheo de nécoras, lustrosas robalizas e orballo. O que este non sabía, era que o peor aínda estaba por chegar.Que máis quixera el que poder cambiar o destino nefasto daquela noite “acompañada” xa que nin o foso defensivo, nin a porta de entrada, nin os acantilados que o circundan, foron suficientes para evitar a invasión con Marcus Lucius ao fronte das tropas romanas, coa evidente masacre dos últimos Celtas que perduraban no asentamento baroñés.
A todo esto fago saber que cos recentes traballos arqueolóxicos que se están levando a cabo, merece moito a pena ver ou volver a ver o Castro de Baroña. Os que aínda non tivéchedes a sorte de pisar un dos castros Celtas mellor conservados de Galicia, que sepades que é unha xoia arquitectónica nun enclave máxico digno de coñecer,tanto sexades ou non amantes das antigas civilizacións, pero non sen antes pasar polo punto de información turística, onde vos atoparedes unha moza la mar de maja ofrecendo valiosa información.
Ubicación exacta deste punto xeográfico.
Tamén podedes visitar este blog adicado SON DO MAR
Aquí vos deixo unhas fotos para o voso deleite, que as disfrutedes.

Caseta de información turística |
Aquí vos deixo unhas fotos para o voso deleite, que as disfrutedes.
Murallón |
Porta de entrada |
Foso defensivo |
Dobre muralla descuberta recentemente |
Entrada a acrópolis |
Vista parcial dende a acrópolis |
Murallas exteriores |
Bonito relato Tou, teño curiosidade por saber si Jolán logrou fuxir ou non.
ResponderEliminarBo día.
Pois claro que fuxiu. Tempo máis tarde, coñeceu unha serea na Arealonga xunto a outra canastra rechea de nécoras, lustrosas robalizas e orballo. De onde pensa que saimos os baroñeses?
EliminarIiinteresante....Descoňecía esta curiosa faceta túa sr. Baroňés...
ResponderEliminarVivimos tan preocupados de aparentar o que queremos, que esquecemos manifestar as virtudes que xa temos. Que realidade tan triste verdade?
Eliminar