Sentido único

Apaga e vamos
Que barbaridade!!!
Quen nos verá en menos de nada, pasear polas anchas beirarrúas soleadas e de cores abaldosadas, con xardíns recheos de plantas de flores douradas, con texturas varias en paso de peóns, canalizacións e alcantarillados de tres pares de collóns,  voltando cun rodeo propio de capital, aínda non entendo quen o pode ver mal...!!!

Dunha vez por todas, que deciden dar o salto e poñen encima da mesa preto de ½ kilo de €urolos para deixar Aguiño estilo Nápoles, Denver, Dublin, Toronto ou Hannover. Mesmamente “chupi canela”, “chachi piruli” ou como lle queiras chamar, como as grandes cidades vamos...!!! Imos e montamos unha que nin os cans!!! De ben pensado, que pouco  agradecidos somos, reixeitando tal innovación.

A partires de xa, a distancia máis curta entre dous puntos xa non será aquel camiño dereito, quen nos verá a voltas para ir dende a de Laxes a de Quico pasando pola de Visita logo de mollar tanto no Tamba como no Serriño e collendo a barra “na de Lus” e non te esquezas de pasar por Abanca. Vaia cruss!!!

Pero bueno, tamén anda por ahí un ruxe-ruxe de que en Ribeira van poñer o Malecón de sentido único, voltando por Martín... Esto depende como se mire, pero non che está tan mal. Eso sí, con anchas beirarrúas de cores abaldosadas con xardíns recheos de plantas de flores douradas, co último en canalizacións con alcantarillados de tres pares de collóns e texturas varias en pasos de peóns, aínda non entendo quen pode ver mal este proxecto con tanta trama argumental...!!!

Feliz día.



Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)