Operación BIKINI 2015

Ahora, que esto de practicar deporte está tan de moda (porque ou te moves ou non eres ninguén); non me diredes que a esta altura non usades (cada vez que saídes); un reloxo GPS ou unha aplicación desas de Smartphone, para registrar as prácticas...
Non hai máis que falar con uns e con outros, ou botar una ollada a calquera das tendas de aplicacións online, para darse conta de que a oferta é un repertorio do máis variado. Unhas máis intuitivas e outras con máis colorido, pero no fondo (salvo erros de GPS, que dependen moito do tipo de Smartphone que se teña) todas desenrolan ben o seu papel, motorizando aspectos básicos como son: tempo, distancia, ritmos, percorrido e por si fose pouco, sincronizan coa súa correspondente versión web, na cal a posteriori nos da datos máis que suficientes para realizar un minucioso análise da práctica. 
Como antes de demostrar o contrario, non hai aplicación mala, e como cada un fala da plaza como lle foi nela, aquí vos deixo os enlaces das máis populares, para que vos quededes coa que máis vos encha o ollo, a maioría son de balde. 
Xa sabes!!! Si ti pertences ao grupo, de cama, bocadillo e sofá, e si pensas que o de facer deporte non vai contigo, pois anímoche a que te inicies, aínda que só sexa dar uns paseos pola praia ou pola rúa, utilizando una destas aplicacións que de seguro "poñendo un pouco de ti" conseguirán motivarche. 
Logo destes días de entroido con tanta festa e tanta enchenta, vai sendo hora de que espabiles e deixes de facerte o remolón, eu invítoche a participar no desafío “OPERACIÓN BIKINI 2015" Sí, parece un tanto prematuro pero non o é, as cousas boas hai que facelas con tempo, e este desafío de Endomondo é un deles, xa que conta as calorías gastadas por participante. Tranquilo!!! empeza despois das festas, dende o 23 de febrero (sen despistarse, que o temos a volta da esquina) ata o comezo do vran, o 21 de junio, veña que xa falta pouco!!!
Este desafío é un tanto simbólico xa que o gasto de calorías depende de mogollón de factores como son: metabolismo, peso, temperatura, pulsacións etc. Non necesariamente o que máis calorías gasta é o que máis en forma está, tampouco vamos a entrar en detalles, aquí o importante é participar, polo tanto... Agárdoche neste pique!!!
Un saúdo.





Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)