A ubicación da ponte

Chegou o momento de por en manifesto os razoamentos que levan a cabo determinar a ubicación da ponte. 


A teoría di que a distancia entre o traste 12 e a cejuela, debe ser a mesma que entre o traste 12 e a selleta, pero a realidade é outra, debido á equilibración que se fai para compensar o estiramento da corda ao pulsala.

 

O que se pretende con esta compensación é que a parte libre da corda transmita a nota correcta, a forma de conseguilo é modificando a lonxitude ou a masa.

 

Tendo en conta que o sonido producido por unha corda depende da lonxitude e da masa desta, pódese decir que canto menor sexa a lonxitude ou a masa, máis agudo será o sonido, polo contrario, aumentando a lonxitude ou a masa, o sonido vólvese máis grave. 

 

Se a nota é demasiado alta, é porque o tramo de corda é demasiado curto, quer decir que a ponte está moi cerca, polo que hai que alargar este tramo para que a nota baixe volvéndose máis grave.

 

O que se pretende é que afinando a primeira corda en MI, esta vibre ao aire a 329,62Hz e no traste 12 o faga xustamente ao dobre, 659,24Hz

 

Se vibra máis do dobre, necesita separar máis a ponte (alargando mínimamente o tiro)

Se vibra menos do dobre, é necesario acortar o tiro.

 

A compensación está directamente influenciada pola altura da corda, por eso é importantísimo que esta altura sexa a menor posible, para que a compensación sexa mínima.

 

PINCHA AQUÍ PARA VER O VÍDEO EN YOUTUBE



 

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)