Según a RAE, "ELEGANTE" é estar dotado de gracia, nobleza e sencillez, para Giorgio Armani é simplicidade e naturalidade, para Coco Chanel, a máxima espresión da elegancia, culmínase cando o que hai dentro é máis fermoso que o de fora (¡interesante reflexión!) Por outra banda, a elegancia é esquecer o que un leva, eso di o tan laureado deseñador Yves Saint Laurent, non serei eu quen lle diga que non! Tamén se escoita que a elegancia, é a gracia e delicadeza coa que se move unha muller. Deixémolo aí!
O que teño claro é que a elegancia e a clase, son dúas cualidades que van unidas da man, unha tira pola outra, son totalmente innatas, aínda que moita xente pensé o contrario, a elegancia témola dentro, pero para mostrala, antes hai que espremela, por dicilo dalgún xeito, hai que aprender a traballala.
Curiosamente, a elegancia é algo que todos perseguimos, oes! Que será o que ten, para que todos queiramos ser elegantes. Logo de tantos anos dándolle duro, e sen resultados evidentes, pregúntome se a elegancia será só para uns poucos elexidos, e o resto non teñamos opción de poder aspirar a ela.
Que pasa, só nos queda lamber a lata, mirando o ben que o fan?
Xa non sei…
O que sí sei, é que somos o que somos, e non o que nos gustaría ser, o que nos consola, é que a elegancia non ten nada que ver coa excelencia, esta é outra cousa moi distinta, ollo! Esta chega coa morte. Eso sí, temos que procurar movernos dentro dese triángulo máxico: clase, elegancia, estilo, facendo ver o que non somos (dios que mal sona esto) ata que chegue o día soñado, ese día será a repera. Por se acaso, eu seguirei insistindo, porque se a elegancia está dentro, a condenada ten que sair. Non din por aí, que todo que entra sae? Pois… Eso!
A todo esto, a miña intención non era falar da elegancia, pero xa que estou aquí, aproveito para decirvos que acabo de publicar o meu último traballo de lutería, onde se reflexa claramente, simplicidade con clase e distinción, imposta pola categoría do creador.
Tamén quero advertir, que o vídeo dura 15 minutos, polo que coido que non vale moito a pena perder un cuarto de hora do voso valioso tempo. Que va…! É mellor que pasedes, segurísimo que tendes cousas moito más importantes que facer
Pero por se as moscas, aquí deixo o enlace, por se algún interesado ou interesada, se lle ocurre perder un cuarto de hora en YouTube.
Comentarios
Publicar un comentario