Unha voltiña por Muros



Vaia día nos deixou este domingo de ramos!!! A ver si se aguanta porque sair en bici con este tempiño é algo sumamente especial. A mostra está en que hoxe atopeime con mogollón de ciclistas, a todos eles se lle notaba unha euforia de ganas locas de rodar, normal!!! Despois do inverno que tivemos non queremos outra cousa que comernos o mundo e querer adiantar o atrasado, pedalear, pedalear e máis pedalear, que bonito é cando ese sufrimento pasa a ser unha maravilla.

Para ser domingo levanteime cedo de moita leche, pero despois de tanto tempo con axustes daquí e axustes dalá (poñendo todo a punto) chegado o día “D” como para quedar na cama!!! Hoxe nada podía fallar, e así foi. Unha mañá de ruta fantástica, e si non fose porque na casa me estaba esperando un exquisito e singular churrasquiño, traíavos mil e unha fotos, xa que alá, por Esteiro, Abelleira e a propia Muros teñen uns paisaxes espectaculares dignos de unha verdadeira admiración, merecedores dunha boa mañá de fotografía, pero como di o outro, o que capa non asubía e o camiño estaba por andar. Aínda así traiovos un combinado expres agardando que vos guste.


Como o traxecto prometía, apearse nesta fontiña de auga fresca e cristalina case era inevitable


Parece ser que en Muros puxeron as señales pensando na xente alta, ¿ou será que non quixeron pasar traballo cortando o mástil? Vindo de quen ven...



Aquel ou aquela que non recoñeza os famosos soportais de Muros, é que nunca estuvo en Muros, pois recomendovos unha visita, dende Aguiño ida e volta solo son 130Km



Muros como calquer puebliño costeiro que se precie, tamén ten un fermoso paseo marítimo

Adios Muros, pronto nos veremos

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)