Publicacións

Puro formulismo

Imaxe
Coidado! Xa arrancou motores a maior hipocresía do ser humano, xa chegaron os típicos “copia pega” do Nadal, eses gifs de flores, besos ou muñequiños con frases trilladas, a modo felicitación, aquí os temos! Nas redes sociais e no WhatsApp, porque os pobres SMS da posguerra “aínda” están de viaxe do inserso. Sexa da maneira que sexa, é curioso como chegadas estas datas, parece que de repente todos queren transmitir os mellores desexos, como se se acabara o mundo, oes! Que impersoal…! Penso que algúns dos que che felicitan, se che ven pola rúa nin che falan.   Menos mal que cun mínimo de sutileza e habilidade social, é doado distinguir entre unha felicitación verdadeira, doutra que non é máis que puro finximento. Menos mal! Que teñades bo Nadal.

Acivro galego

Imaxe
O acivro (Ilex aquifolium) é unha árbore que no mellor dos casos pode chegar a medir 15 metros de alto, o seu tronco é recto coa veta lisa e dura, moi apreciada en tornería, de folla verde, lustrosa e perenne cos bordes espiñosos, moi bonita! O froito son unas bolas vermellas que maduran ao final do verán, e non lle caen ata o final do inverno, se non as papan antes os paxaros, porque lles gustan canto queren, para nós son venenosas ollo! Únicamente que se queira estirala pata, ou desfacerse da mascota…  Esta especie necesita terreos húmidos e sombríos para un bo desarrollo, toleran ben a poda polo que son fáciles de modelar. Cada vez vénse menos exemplares altos, máis que nada  porque é unha especie que lle costa medrar, crece moi lentamente, cando non ven o listillo de turno (sobre todo nas datas de Nadal) e lle corta as ramas para decorar alguna estancia, de aí que esté en perigo de extinción, actualmente é unha especie protexida en toda Galicia. Dende que os alem...

O murmurio de Agramonte - cuarta parte

Imaxe
Prólogo  Se chegaches aquí como quen non quer a cousa, e descoñeces de que vai esto de “ O murmurio de Agramonte ”, non te preocupes, sempre hai un primeiro día para todo, pero tranquilo, estás de sorte, porque tamén contemplei esa posibilidade. Por nada do mundo quero que coa lectura deste relato te sintas incómodo, nin atrapado como unha troita nun río seco, polo que che deixo o enlace para que te poñas as pilas e disfrutes de algo máis que a mesmísima realidade.  Se eres novato e queres saber de que vai iste relato, pincha aquí . Polo contrario, se eres un asiduo lector de Paparroda, só quero que disfrutes desta cuarta parte como ti ben sabes, nela narro o diálogo que que mantiveron a expedición baroñesa e Mortorius Sabartán na súa casa de Lousame.  A disfrutalo! Reliquia dun dos garfos de Mortorius O murmurio de Agramonte (cuarta parte) A expedición chegou a Lousame cunha latente preocupación, saber que pasara cos 72 wakizashis, porque i...

Homes de plástico

Imaxe
Unha peste continua... Este relato trata sobre o plástico, un material que nos abafa pouco a pouco sen decir nada.  En pleno século XXI a piques de comezar o ano 2020 xa estamos pagando as consecuencias dun uso excesivo do plástico, non só temos mares e ríos cheos, tamén a vía pública, montes e cunetas plagados deste material, unha peste que ameaza destruir o medioambiente, pero o máis preocupante é que tamén temos o noso corpo cargado de microplásticos. Pero esta situación tan plástica por chamarlle dalgunha maneira, non sempre foi así, logo da posguerra, na comarca do Barbanza o único que non había era plástico, porque de pobreza, fame, miseria e emigración estaban surtidos. Eses anos corenta e cincuenta tiveron que ser moi duros para os que lles tocou vivir esa época, pero dentro do malo, tiñan algo bo, viviron exentos do dichoso material, aínda que pensando ben, non lles debeu importar nada. As veces, non coñecer as cousas é o que ten, non había plástico, pero tam...

O ensamble da pala

Imaxe
Non vou ser eu, o que diga que a pala non é unha peza determinante no son dunha guitarra, porque non é así, no son do instrumento todo repercute, dende o ensamble (que ten que ser resistente) ata a curvatura, que cada lutier ten o seu librillo, para iste modelo eu optei por un ángulo de 12º  A pala é unha das partes máis visibles do instrumento, aquí é onde se colocan os clavixeiros e o logo, polo que o acabado ten que ser refinado e ben refinado.  Como se hai que sacar lustre con esencia de telaraña reseca. Istas son as medidas que uso para o corte de pala PINCHA NESTE ENLACE PARA VER O VÍDEO

A Roseta

Imaxe
Motivación ante todo! Se algún día decides marcarte un obxetivo que non encaixa o máis mínimo co teu entorno (por exemplo construir unha guitarra no Barbanza, como é o meu caso) verás que a reacción da xente é do máis peculiar, atoparaste con mensaxes negativos buscando a desmotivación, como me ten pasado a min, pero ti tranquilo, por moito que che digan nunca perdas o interese. É penoso, pero é o que hai! Eu sintoo moito por eses catro ninguén de ningures, propúxenme subir un vídeo por semana e estouno conseguindo, e non só iso, tamén manteño viva a chispa que me dá forza para seguir con iste proxecto extraordinario.  Como di o Sr. Anselmo "lo siento" Por certo, os subscritos na miña canle de Youtube , xa son un número de dúas cifras, feito que me inspira a superarme. Ao fin e ao cabo, a motivación é a clave para alcanzar o éxito. Gracias! Aquí vos deixo o enlace para que disfrutedes do vídeo de como embuto a roseta na tapa armónica. https://you...

Perfilando a tapa armónica

Imaxe
A tapa armónica A feitura de toda guitarra que se precie, comeza co ensamble e corte da tapa armónica, seguido de moita lixa, para conseguir que o grosor desta sexa inferior a 3mm Neste enlace podedes ver o vídeo de cómo recorto a tapa. https://youtu.be/7YFk_lAGBlU Que o disfrutedes!