Publicacións

A Roseta

Imaxe
Motivación ante todo! Se algún día decides marcarte un obxetivo que non encaixa o máis mínimo co teu entorno (por exemplo construir unha guitarra no Barbanza, como é o meu caso) verás que a reacción da xente é do máis peculiar, atoparaste con mensaxes negativos buscando a desmotivación, como me ten pasado a min, pero ti tranquilo, por moito que che digan nunca perdas o interese. É penoso, pero é o que hai! Eu sintoo moito por eses catro ninguén de ningures, propúxenme subir un vídeo por semana e estouno conseguindo, e non só iso, tamén manteño viva a chispa que me dá forza para seguir con iste proxecto extraordinario.  Como di o Sr. Anselmo "lo siento" Por certo, os subscritos na miña canle de Youtube , xa son un número de dúas cifras, feito que me inspira a superarme. Ao fin e ao cabo, a motivación é a clave para alcanzar o éxito. Gracias! Aquí vos deixo o enlace para que disfrutedes do vídeo de como embuto a roseta na tapa armónica. https://you...

Perfilando a tapa armónica

Imaxe
A tapa armónica A feitura de toda guitarra que se precie, comeza co ensamble e corte da tapa armónica, seguido de moita lixa, para conseguir que o grosor desta sexa inferior a 3mm Neste enlace podedes ver o vídeo de cómo recorto a tapa. https://youtu.be/7YFk_lAGBlU Que o disfrutedes!

A tutiplén

Imaxe
A resposta da xente, ao enterarse da miña nova afección, é do máis diversa. Como diría o Sr. Anselmo da Picota (Deus o teña na Gloria) “Do máis variopinta meu fillo” Sí! variedade total. Uns rin, outros falan por non estar calados, hai a quen lles gusta a palabra flipado, meus pobres... Os que opinan, os que non din nada, os que preguntan e os que animan. Mentras tanto, eu disfrutando, e como di o outro: "Que me quiten lo bailao" Como de seguro, ti estás entre un deles, aquí che deixo a fornada do meu último vídeo. Nota: De momento xa son 3 os probadores da futura guitarra MANFER Style https://youtu.be/QwpQtbdWekA

Unboxing guitarra MANFER Style

Imaxe
Está visto que non se pode decir, desta auga nunca beberei. Quen me diría a min que ía facer unboxing, e aquí está, tivo que chegar á miña vida o fantástico mundo da lutería para que viñera o primeiro. Aquí vos deixo o enlace. Que o disfrutedes! https://youtu.be/QoNJytdqgHI Todo santo día a peinarme, para ao final sair con estos pelos...

Diferencias entre guitarras

Imaxe
Guitarra acústica, clásica e flamenca Está claro que todos sabemos diferenciar unha guitarra eléctrica dunha guitarra española, faltaría máis! pero penso que cambia o conto, se temos que diferenciar entre unha guitarra española, acústica, clásica e flamenca. Moita xente chámalle guitarra española a todas, e tampouco é así, cada unha ten as súas particularidades, de feito, teñen un son distinto. Neste post, pretendo diferenciar cada unha delas, a un nivel de andar por casa claro está, non me vou meter agora en fonduras de tres al cuarto nin moito menos, considero que tampouco é necesario, catro detalles de cada unha e punto, o esencial para que vos chuleedes. O que a simple vista se lle ve en común a estas guitarras é que todas teñen seis cordas e unha silueta moi parecida, por non decir igual, pero entre todas elas, a única que ten as cordas de metal é a guitarra acústica , por eso ten un son máis forte e agudo, comparado co son suave da guitarra española, a guita...

Soleira Manfer Style

Imaxe
A soleira da guitarra Teño que dicir que os resultados acadados nos últimos traballos de lutería (dúas mandolinas, unha folk  e outra napolitana ) son máis que satisfactorios, tal é así, que estou contento como un cuco cos ánimos a escachar, pero non podo estar quietiño... Xa me metín de cheo noutro proxecto, nin máis nin menos que a construcción dunha guitarra MANFER Style , penso que xa estou enganchado a esta fermosa arte, esto xa non ten cura nin volta atrás...!   Eso sí, teño os conceptos moi claros, non pretendo ser un físico acústico, nin un lutier de Cremona, pero tampouco quero dar a imaxe dun  perralleiro  guitarreiro estándar, todo o contrario,  cos meus instrumentos  pretendo marcar a diferenza, así de claro! O da lutería é por verdadeiro pracer, polo que me permite certo grao de liberdade para experimentar, chamémoslle física creativa. Naturalmente, son consciente de que os fracasos tamén teño que roelos. Pero bueno... A fogueira d...

Cofre (parte 4) FIN

Imaxe
Con tódalas bromas, cheguei ao remate da obra. Tamén é certo que, o resultado daquel barullo de líñas tortas e mal feitas que tiña na cachola a primeiros de ano, teño que dicir que non ten nada que ver coa realidade. Os prototipos no aire é o que teñen! Pero aínda así, este cofre  apela á nostalxia, ben podía ser o que tiña o mariñeiro Billy Bones na pousada do almirante Benbow,  a que foi asaltada e  esnaquizada  polos piratas, buscando o mapa do temible capitán Jonathan Flint. Coas ferramentas electricas  é bastante doado  facer un tallado de "andar por casa", so fai falta imaxinación, tempo e poñerse. A marca de autor, nunca pode faltar, nesta ocasión ,  martillei  como un cosaco  uns cravos de ferro frío,  para  conseguir o fascinante toque medievo que tanto me gusta . Logo de aplicar a protección antitermitas e lixar o poro, chega o momento do tinte. A p...