Publicacións

Unha de queixo

Imaxe
Non me sorprende que non teñan en El Corte Inglés o queixo de Félix, co cheiro marcharían todos escopetados! Hoxe toca falar dunha paixón, de feito, se tivese que elexir entre xamón, queixo ou chocolate, tería claro que levar a illa deserta. Xa pode ser de Arzúa ou de Maracena , gústanme todos! Tamén teño que dicir que aínda sen considerarme un superdegustador, recoñezo que a medida que pasan os anos estoume volvendo máis quisquilloso ao respecto. Xa está ben de picar de parbillo! Familiares, veciños e compañeiros de traballo entre moitos outros tantos coñecidos, xa non son poucos ós que lles escoitei dicir iso de: " Non me gusta o queixo ". Parece increíble que coa cantidade de sabores que existen, dende os tenros máis suaves ata os curados con sabor máis forte tirando a picante, non atopen un que lles guste. Está claro que complacer o paladar non sempre é fácil, a uns gústannos casi todos e a outros con cheiralos xa lles chega. Non sei se será bo ou malo...

Ribeira vs Riveira

Imaxe
Neste post vou falar de algo que non é precisamente que me traía polo camiño da amargura, pero sí que fai anos que me  mantén en ascuas, ese algo é o topónimo de Santa Uxía de Ribeira , unha cidade que a principio do século XX o rei Alfonso XII declaraba como tal. Para os que descoñecedes esta parte da bóla, aí vai a situación xeográfica da intriga con algo de entrante. Ribeira é un municipio da provincia de A Coruña , situado nin máis nin menos que na comarca do Barbanza , un entorno natural de enorme beleza, volo xuro! Neste municipio, entre outros moitos festexos, celébrase unha das festas máis populares de Galicia , a Festa da Dorna que xa leva dende o 2005 declarada de interese turístico de Galicia. Unha festa cun ambiente alegre e divertido sen igual. Se aínda nunca viñéchedes, que sepades que xa se está cocendo a LXIX "sinjladura" e vós sen cheirala.   Que queredes que vós diga!   Como os papeis son os que cantan, Ribeira é unha cidade, ...

Donald Trump en Baroña

Imaxe
O título deste post ben podía ser “Amansa Bestias” nel vou contar algo inédito sobre o Sr. Donald Trump, vou falar da    estancia que pasou en Baroña sen que a prensa rosa nin os xornais se enteraran. Donald Trump na entrada do recinto fortificado do Castro de Baroña O reloxo da cafetería marcaba as 9:45 cando o presidente a bordo do Air force one, e baixo un maior secretismo tomaba terra no aeroporto de Rosalía de Castro (ata ese momento descoñecíase se viña en plan de negocios ou lecer). Escoltado polas autoridades competentes e sen moito paripé, axiña chegou ao punto de destino, Baroña. Víase ansioso por facer negocios nesta parte da ría, beber Albariño e comer ben, de feito o primeiro que fixo nada máis chegar, foi recorrer os mellores locais de hostalería da parroquia e relacionarse coa xente do lugar cunha especie de castellano averiado, que quen lle dera a moitos! Dende O Pino ata Ínsua pasando polo Castro e Arnela, rematando cunha ...

PADRóN 10K 2017

Imaxe
O frío e a choiva non foron quen de impedir disfrutala carreira que o concello de Padrón nos brindou o sábado pasado. Unha carreira con tódolos alicientes para o pleno goce dun 10K. Boa compañía, bo ambiente e moita ansia por runnear. Os pretextos quedaran cos cabardes na casa, alí só se respiraba ambiente deportivo con gañas de pasalo ben. Que máis pedir…! Con tal atractivo ata a mesmísima choiva quixo facer acto de presenza, e non quedou outra que acostumarse a ela, aínda que sendo sincero, despois do pistoletazo de saída pouco me importou, non sei se foi pola apetencia de participar ou por estar no medio do bullicio pero fíxose tan natural que case non me enterei que chovía nin había charcos. Sí, tamén había a opción de vir para a casa co rabo entre as pernas e que a disfrutaran outros... De eso nada! Choiva "sufrimento" e gañas de leria Pouco antes de cruzala liña de meta con Clemente o cal me acompañou toda a carreira sen importa...