Palabras inocentes
Dedicado ao meu amigo
Carlos Piñeiro, lector de
Paparroda.
Nunca pretendín que este blog fose un caderno de bitácora nin un noticieiro, e menos un diario persoal, xa que eu non son deses dos que vai apuntando todo ó dedillo, e moito menos contar a miña vida en público. Esto non é Sálvame Deluxe! Esto é Paparroda, que foi creado co firme propósito de espallarme e darlle renda solta á imaxinación, dalgunha maneira, intentando emular aos máis vellos do lugar, cando daquela sentados ao pé da lareira contaban historias de serpes, meigas, sereas e dragóns co único fin de facer máis doadas aquelas interminables noites xiadas de inverno. Polo tanto aquí, atoparédesvos con historias reais, paralelas e mesturadas con outras que poidan non selo.
As estadísticas gústanme e ilusiónanme, tamén me fan ver que os lectores de
Paparroda, sodes dos que non só vos conformades coa realidade, buscando neste
blog algo máis que un xornal ou unha enciclopedia. Esto é algo que me fascina,
e me empuxa a seguir narrando dándolle lustre á imaxinación coa xusta
dosis de chifladura e tolería, como en certa medida no seu día lle puxeron:
Miguel de Cervantes con “Don Quijote de la Mancha”
Franz Kafka con “La metamorfosis”
Gabriel García Márquez con “Crónica de una muerte anunciada”
Patrick Süskind con “ El perfume”
George Orwell con “Rebelión en la granja”
Stephenie Meyer coa “Saga Crepúsculo”
Julio Verne con “ Viaje al centro de la tierra”
Edgar Allan Poe con “Las aventuras de Arthur Gordon Pym”
Thomas Mann con “La montaña Mágica”
E sen que ninguén lles dixera: “Váiseche a olla”
Un abrazo.
Comentarios
Publicar un comentario