O balcón do vixía
Este día paseando polo peirao da Rochela, vin un can roendo un cabo solto dunha embarcación alí varada, ao contemplar aquela escena, veume á cabeza a imaxe dun can malo como a rabia, que no seu día xunto a unha moza e un par de mozos coma min, compartiu vivenda.
Compartíamos una casa branca moi estreita que daba a dúas rúas, tiña tres plantas, dúas portas e seis xanelas de cor verde, o primeiro andar ocupábao un cuarto de estar de lado a lado. Había dúas lámparas enormes penduradas do teito, un chinero cargado de licores, un televisor, unha mesa baixa cun par de banquetas a xogo, un fogón cheo de borralleiro, una butaca, dous sofás, unha morea de cadros parisinos, un espello de corpo enteiro algún que outro souvenir por alí colgado, e ao lado da ventá (fora no balcón); o can, coa cabeza metida entre os barrotes da varanda, ladrando a paxaro e “can” que por alí pasara.
O nome daquel can era Toco, digo “era” porque tres anos de can novo, tres anos de bo can, tres anos de can vello e tres anos de mal can. Onde irá aquel can! Era un cruce raro, parecía beagle con raza loba. Quen sabe...? O que si se sabe é que era malo como os cans da rabia, ou eso aparentaba!
A casa daba a dúas rúas moi diferenciadas entre sí, mesmamente como o día e a noite, unha delas, moi dinámica, rechea de viandantes e terrazas repletas de clientes, que ademáis de lucir o modelo observando o gando, practicaban a vagancia de non facer nada. Unha rúa moi reconfortada pódese decir, só lle faltaba unha invasión de anxos desprendendo cheiro a marusía!
Polo contrario, a parte datrás, (a preferida de “Toco”); era de poucos viandantes, pero todos eles moi selectos e pasados de moda, alí mesturábanse os diabólicos cos inflados de amor, todos eles sen escrúpulos e de dudosa reputación, clientes dunha casa de citas e un camello que ademáis doutras sustancias pasaba cabalo.
Que lle vería Toco ós iluminados aqueles, para estar noite e día de vixía?
Comentarios
Publicar un comentario