O sobriño de Aurelio
Con este relato, que ademáis de ser inédito está
fundado en feitos reais, quero renderlle homenaxe ao célebre escritor Miguel de
Cervantes Saavedra, no IV centenario da súa morte (1547-1616)
Aurelio era un
carpinteiro natural de Cospeito, Lugo. Moi experimentado en apeos de labranza e
barrís, Este vello mañoso levaba con orgullo o legado que lle deixara seu pai. Tódalas
primaveras coas alforxas do cabalo cheas
de ferramenta, chourizos e augardente, partía cara a Castela, para chegar a un
lugar da Mancha onde había máis muiños que veciños. Dende Consuegra a Mota del Cuervo,
pasando por El Toboso e Campo de Criptana, non quedaba muiño que non mimara.
Un vran levou
consigo ao sobriño, para enseñarlle o oficio e facer del un Home, xa que a
única matadura que tiña, ademáis de xogar nas eiras, era andar colgado das
árbores buscando niños nas carballeiras. Un “rapaz” alto e delgado como un
fiuncho, terminara a escola e con catro
pelos na perilla, sen oficio nin beneficio, só lle quedaba traballar.
Foi a derradeira
lua de marzo do 1562 cando partiron cara Castela, onde o rapaz nunca tanto
centeo vira, nin alí estivera, pasaron días e caeron noites con fogueiras, chourizos
quentes e tósperos ardentes, ata chegar a El Toboso onde traballaron, comeron,
beberon e farrearon canto quixeron e as ganas de duas semanas mataron.
Chegado o día de
volver… O rapaz non quixo saber.
Comentarios
Publicar un comentario