Publicacións

O murmurio de Agramonte - cuarta parte

Imaxe
Prólogo  Se chegaches aquí como quen non quer a cousa, e descoñeces de que vai esto de “ O murmurio de Agramonte ”, non te preocupes, sempre hai un primeiro día para todo, pero tranquilo, estás de sorte, porque tamén contemplei esa posibilidade. Por nada do mundo quero que coa lectura deste relato te sintas incómodo, nin atrapado como unha troita nun río seco, polo que che deixo o enlace para que te poñas as pilas e disfrutes de algo máis que a mesmísima realidade.  Se eres novato e queres saber de que vai iste relato, pincha aquí . Polo contrario, se eres un asiduo lector de Paparroda, só quero que disfrutes desta cuarta parte como ti ben sabes, nela narro o diálogo que que mantiveron a expedición baroñesa e Mortorius Sabartán na súa casa de Lousame.  A disfrutalo! Reliquia dun dos garfos de Mortorius O murmurio de Agramonte (cuarta parte) A expedición chegou a Lousame cunha latente preocupación, saber que pasara cos 72 wakizashis, porque i...

Homes de plástico

Imaxe
Unha peste continua... Este relato trata sobre o plástico, un material que nos abafa pouco a pouco sen decir nada.  En pleno século XXI a piques de comezar o ano 2020 xa estamos pagando as consecuencias dun uso excesivo do plástico, non só temos mares e ríos cheos, tamén a vía pública, montes e cunetas plagados deste material, unha peste que ameaza destruir o medioambiente, pero o máis preocupante é que tamén temos o noso corpo cargado de microplásticos. Pero esta situación tan plástica por chamarlle dalgunha maneira, non sempre foi así, logo da posguerra, na comarca do Barbanza o único que non había era plástico, porque de pobreza, fame, miseria e emigración estaban surtidos. Eses anos corenta e cincuenta tiveron que ser moi duros para os que lles tocou vivir esa época, pero dentro do malo, tiñan algo bo, viviron exentos do dichoso material, aínda que pensando ben, non lles debeu importar nada. As veces, non coñecer as cousas é o que ten, non había plástico, pero tam...

O ensamble da pala

Imaxe
Non vou ser eu, o que diga que a pala non é unha peza determinante no son dunha guitarra, porque non é así, no son do instrumento todo repercute, dende o ensamble (que ten que ser resistente) ata a curvatura, que cada lutier ten o seu librillo, para iste modelo eu optei por un ángulo de 12º  A pala é unha das partes máis visibles do instrumento, aquí é onde se colocan os clavixeiros e o logo, polo que o acabado ten que ser refinado e ben refinado.  Como se hai que sacar lustre con esencia de telaraña reseca. Istas son as medidas que uso para o corte de pala PINCHA NESTE ENLACE PARA VER O VÍDEO

A Roseta

Imaxe
Motivación ante todo! Se algún día decides marcarte un obxetivo que non encaixa o máis mínimo co teu entorno (por exemplo construir unha guitarra no Barbanza, como é o meu caso) verás que a reacción da xente é do máis peculiar, atoparaste con mensaxes negativos buscando a desmotivación, como me ten pasado a min, pero ti tranquilo, por moito que che digan nunca perdas o interese. É penoso, pero é o que hai! Eu sintoo moito por eses catro ninguén de ningures, propúxenme subir un vídeo por semana e estouno conseguindo, e non só iso, tamén manteño viva a chispa que me dá forza para seguir con iste proxecto extraordinario.  Como di o Sr. Anselmo "lo siento" Por certo, os subscritos na miña canle de Youtube , xa son un número de dúas cifras, feito que me inspira a superarme. Ao fin e ao cabo, a motivación é a clave para alcanzar o éxito. Gracias! Aquí vos deixo o enlace para que disfrutedes do vídeo de como embuto a roseta na tapa armónica. https://you...

Perfilando a tapa armónica

Imaxe
A tapa armónica A feitura de toda guitarra que se precie, comeza co ensamble e corte da tapa armónica, seguido de moita lixa, para conseguir que o grosor desta sexa inferior a 3mm Neste enlace podedes ver o vídeo de cómo recorto a tapa. https://youtu.be/7YFk_lAGBlU Que o disfrutedes!

A tutiplén

Imaxe
A resposta da xente, ao enterarse da miña nova afección, é do máis diversa. Como diría o Sr. Anselmo da Picota (Deus o teña na Gloria) “Do máis variopinta meu fillo” Sí! variedade total. Uns rin, outros falan por non estar calados, hai a quen lles gusta a palabra flipado, meus pobres... Os que opinan, os que non din nada, os que preguntan e os que animan. Mentras tanto, eu disfrutando, e como di o outro: "Que me quiten lo bailao" Como de seguro, ti estás entre un deles, aquí che deixo a fornada do meu último vídeo. Nota: De momento xa son 3 os probadores da futura guitarra MANFER Style https://youtu.be/QwpQtbdWekA

Unboxing guitarra MANFER Style

Imaxe
Está visto que non se pode decir, desta auga nunca beberei. Quen me diría a min que ía facer unboxing, e aquí está, tivo que chegar á miña vida o fantástico mundo da lutería para que viñera o primeiro. Aquí vos deixo o enlace. Que o disfrutedes! https://youtu.be/QoNJytdqgHI Todo santo día a peinarme, para ao final sair con estos pelos...