Publicacións

O derradeiro foguete

Imaxe
Este relato básase en feitos acaecidos naquel fatídico día do Carme de 1938, nel narro o último minuto de Luís Callón, un fogueteiro republicano, altivo, burlón e chulo como un pé de millo nunha rara. É mediodía, esmecha o sol no estandarte que abre camiño a un palio de varas longas, suxeito por catro caciques lambecús de diferente lacha. Na parte dereita anterior vai o mestre D. Ramón, na solapa do traxe azul mariño, luce un lazo morado de organza esfiañado, a súa esquerda o boticario D. Ezequiel, que para a ocasión viste un traxe de mil raias marrón, unha garabata de dous tonos de crudo máis escuros que a súa camisa lisa dunha soa cor, tamén reloce nos puños,   uns xemelgos de ouro, que pola fasquía, ben puideron ser herdados. Detrás del, vai Enrique (o marido da criada do cura), nótase claramente que o fai por compromiso máis que por devoción, pero... Como para decir que non! Ao seu carón, Juan Luís, o campaneiro, que ademáis de facer soar as campás domingos e festivos, t...

A mexada do can

Imaxe
Feliz verán a todos Mensaxe dunha botella De antemán quero deixar claro que todo o que vou escribir neste post, non deixa de ser unha simple opinión persoal. Ao que lle guste ben, e ao que non, tamén ben. Aos de humor apretado , mellor non llo recomendo, non vaia ser que se lle irrite o duodeno. O resto que o disfrutedes. Aínda que a agüita amarilla sexa a causante deste post, esta non ten nada que ver coa canción de Los Toreros Muertos  que tanto éxito tivo a finais dos oitenta, que bah! O tema de hoxe, é un MTPP (marcación territorial por pis). Vou escribir sobre as mexadas dos cans e o afamado inhibidor urinario canino , que tanto se estila neste lado da ría. Agora vos conto. Atrévome a decir que este pobo pasaría desapercibido se non fose pola cantidade de botellas que a xente pon diante das casas, co fin de evitar que os cans lles mexen nas soleiras. Este suceso por moito que se queira non pasa inadvertido para ninguén, de feito xa se coñecen como o...

O Campo das Mouteiras (parte III)

Imaxe
Este post dedícollo  ao  amigo convalecente Clemente Ferreirós. Que te mellores Cle! Se eres dos que andan por aí a velas vir e chegas aquí de rebote ou por casualidade, recoméndoche que antes de meterte en fonduras con esta terceira parte, leras as dúas primeiras, sobre todo para non andar perdido como unha caries na espuma da gaseosa. Enlaces para os interesados: Primeira parte Segunda parte Polo contrario, se eres un acérrimo lector de Paparroda, avanti tutti! Como ben sabes, na primeira parte tratei a causa efecto (Lajarto-Mouteira), na segunda tocou tratar á eliminación da causa (a extinción do Lajarto) e nesta última entrega, vou tratar a desaparición do efecto (o desvalixo das mouteiras). Agardo que che guste. Terceira parte Debido ás innumerables visitas ao Castro de Baroña na primeira metade do século XIX por parte de xente importante con culturilla e renombre, xa non eran poucos os que atraídos pola beleza do que se contaba nas ...

Sol e candil

Imaxe
ARTE SAN Que pobre é aquel, que non ten máis pasatempo que ver pasar o tempo. 19-01-18 Esto foi todo queridos seguidores, agardo que resultara do voso agrado. Se queredes seguirme na próxima artistada, só tendes que pinchar AQUÍ   Aquí vos deixo esta pinza da roupa (artiluxio que todos coñecemos), para que sirva de referencia dimensional da obra O propósito desta peza é tapar o mecanismo de pechadura Vista da parte interna da cúpula Parte posterior da aldraba Nunha obra ao xeito, nunca pode faltar unha dedicatoria personalizada Mecanismo de bloqueo para manter a tapa aberta 13-01-18 A piques de rematar a obra, sinto no meu interior unha profunda mestura contraditoria de alegría e tristeza, por un lado nostalxia por dar fin a un traballo que tan a gusto realicei e por outro ansia por empezar con outra ARTISTADA .  Apliquei a primeira man de cera con dúas gotas contadas de betún de jud...