A mexada do can


Feliz verán a todos
Mensaxe dunha botella

De antemán quero deixar claro que todo o que vou escribir neste post, non deixa de ser unha simple opinión persoal. Ao que lle guste ben, e ao que non, tamén ben. Aos de humor apretado, mellor non llo recomendo, non vaia ser que se lle irrite o duodeno. O resto que o disfrutedes.

Aínda que a agüita amarilla sexa a causante deste post, esta non ten nada que ver coa canción de Los Toreros Muertos  que tanto éxito tivo a finais dos oitenta, que bah! O tema de hoxe, é un MTPP (marcación territorial por pis). Vou escribir sobre as mexadas dos cans e o afamado inhibidor urinario canino, que tanto se estila neste lado da ría. Agora vos conto.

Atrévome a decir que este pobo pasaría desapercibido se non fose pola cantidade de botellas que a xente pon diante das casas, co fin de evitar que os cans lles mexen nas soleiras. Este suceso por moito que se queira non pasa inadvertido para ninguén, de feito xa se coñecen como os “espantacans”. Tanto é así, que o pobo xa está parecendo un muladar de botellas, como ben dixo, García Márquez en “Crónica de una muerte anunciada”.

O “espantacans” non é cousa de agora, esto xa ven de largo. En calquer parte do mundo con fauna canina, úsase a dichosa botella de plástico chea de auga. A pesar de non servir para nada, xa que a ciencia que hai detrás é nula e carece de fundamento, non perdades a esperanza, xa que o día menos pensado a University of Wisconsin, co afán de coller popularidade na rama de Etología, bota man do asunto e estuda o caso. Mentras tanto aí a tendes diante da casa, lucindo como peza ornamental, quen o diría... Chámalle burro ó cabalo!

Non quería romperlle a ilusión a ninguén, pero chegado este punto aínda que o vecindario vire contra min, teño que decilo! A ver se se entera dunha vez por todas, esto das botellas está ben como  necesidade que ten a xente de creer en algo, pero non deixa de ser unha gilipollez suprema. A solución está máis en eliminar olores, que encher as aceras de botellas.
Máis limpeza e menos pijotada.

Pero bueno... Neste pobo hai máis que botellas, hai oito praias, todas elas fermosas (das cales unha é nudista e outra gay), tamén dispón dun estaleiro, unha froitería, unha librería, un parque con catro fumetas desafiando ao futuro, un colexio, unha lonxa, un zapateiro, unha biblioteca da que presumen sen pisala, un conservatorío no que os domingos hai baile, unha farmacia, unha pescadería, un campo de futbol que máis que campo, parece unha xuntanza de amantes pisando colillas, unha igrexa e dúas cruces para catro beatas, dous supermercados, dous fornos, duas floristerías, dous estancos, dous portos (un deles fenicio),  dous bancos e unha caixa e catorce bares dos cales a metade están cheos de pura cacicada.
Ah! Que se me olvidaba! Este ano tamén “disque” hai unha  comisión de festas con actitudes previlexiadas.

En realidade dame igual o grado de marulada que se gaste o vecindario, e tamén me importa ben pouco o que cada un poña diante da súa porta, mentras non me moleste... Xa pode ser o ramo do Espíritu Santo, a foto do amante ou un capacho coa auga da caldeirada, por min como se queren amarrar o cabalo... Simplemente “me la suda”. O que está claro é que así como o can marca o territorio, aportando co seu mexo información específica e valiosa para outros cans, toda aquela persoa que teña a dichosa botella diante da casa, tamén está aportando unha man de información que nin os cans. Primeiro, de auténtico guarrindongo, xa podes ir limpando a soleira, xa que os cans son atraídos polos olores e non pola vista. Por último, eles non entenden de botellas, dalle igual que teña auga, viño ou whisky, non lles pasan as túas.

Por sorte cada ano que pasa, son máis os cans que logran rematar o bacharelato, non sei se sabes que un can con estudos mexa únicamente en sitios para tal fin.
Non tires coas botellas...!




Marulo: Que persiste nas súas ideas ou actitudes, mesmo ante a evidencia de estar equivocado ou obrando mal.



Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)